viernes, 3 de noviembre de 2023

Samaín 2023

 Chegou o tempo máis terrorífico do ano coa festa do Samaín e na Sementeira gozamos de diferentes propostas de traballo que tiveron como protagonistas a  pantasmas, cabazas e demais personaxes típicos destas datas.  Unha das propostas que máis gustou foi a do "conteo terrorífico" coa que reforzamos o concepto de asociación número-cantidade ata o 3

 












 O xogo de simetrías sobre estrelas de mar co que xogamos fai unhas semanas tamén tivo boa acollida polo que repetimos actividade, esta vez con monstros











Ao longo destas últimas semanas pasaron de xeito libre polas diferentes propostas para traballar aspectos coma a observación, a seriación de dous e tres elementos, a interiorización de vocabulario temático, o recoñecemento das letras do abecedario, o desenvolvemento da motricidade fina e a experimentación na mesa sensorial




























































Ambientamos a aula e o corredor para a ocasión












Un dos nosos contos favoritos é o de "Corre, corre cabaciña" e baseándonos nesta historia fixemos a nosa manualidade de Samaín



























O equipo de actividades complementarias e extraescolares organizou un concurso monstruoso onde se valoraba o emprego de elementos da natureza na realización das manualidades. Tivemos moitísima participación! moitas grazas a todas as familias que o fixestes posible !!
















 

















 













O pasado martes vivimos unha xornada de medo no Rosalía pois o colexio foi invadido por terroríficos seres que viñan dispostos a pasalo de medo. Tivemos de todo: sesión de photocall, visionado de curtos do samaín, merendola conxunta (moitas grazas ás familias da aula de 4 anos por todo o aportado), xogos e moita, moita diversión

 
















































Rematamos o día celebrando o Magosto, tisnando a cara, degustando castañas asadas e aplaudindo aos gañadores do concurso de Arte Terrorífica

 

 

 
















Déixovos por aquí uns vídeos que reflicten o ben que o pasamos na nosa festa de Samaín




No hay comentarios:

Publicar un comentario