O pasado luns conmemoramos unha data importante na Sementeira, o Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Por desgraza, a violencia contra as mulleres e as nenas segue sendo unha
das violacións dos dereitos humanos máis estendidas e xeneralizadas no
mundo. Estímase que unha de cada tres mulleres foi vítima de violencia
física e/o sexual polo menos unha vez na súa vida. Os esforzos que se
dedican á súa eliminación son insuficientes e é necesario tomar
conciencia sobre a importancia da prevención para focalizalos. Nese
sentido, as etapas educativas iniciais revélanse como unha fase crucial.
Por iso na Sementeira quixemos centrar a nosa atención na importancia de conmemorar esta data.
Mateo foi o encargado e escolleu un conto da nosa CAIXA VIOLETA
O destino quixo que ese conto fose "ARTUR E CLEMENTINA"
En ocasións, os malos tratos preséntase de forma velada: cun xesto, unha mala palabra, un desprezo... É importante coñecer os seus signos para atallalo canto antes. No conto 'Artur e Clementina' esa violencia preséntasenos a través da historia de dúas tartarugas. As dúas viven felices: Artur traballa fóra de casa e Clementina leva a cabo os labores de casa, con todo todo cambia cando ela quere facer cousas distintas. A Clementina gustaríalle pintar, viaxar..., pero Arturo dille unha e outra vez que non é capaz de facer esas cousas e a súa vida vólvese insoportable.
Ao rematar o conto reflexionamos moito sobre como se sentiría Clementina e como nos sentiriamos nós mesmos se nos atopásemos nunha situación parecida. Ao día seguinte rematamos unha pequena actividade plástica e levamos para casa as nosas valentes Clementinas.
Recibimos a visita da nosa amiga Vanessa do CIM Terras de Iria quen, para conmemorar o 25N nos invitou a facer unha actividade plástica coas nosas mans. Aprendimos que a cor violeta obtense de misturar a cor rosa co azul e estampamos as nosas pegadas nunha árbore contra a violencia
No hay comentarios:
Publicar un comentario