jueves, 10 de abril de 2025

Xogamos a pensar

 No recuncho do noso Proxecto Plumas temos un conto que gusta moito na Sementeira


 Un mito grego co que aprendemos que sempre merece a pena escoitar os consellos que nos dan as persoas que teñen máis experiencia que nós. Preguntade aos Sementeiros e Sementeiras e contaranvos o que lle pasou a Ícaro por non seguir os consellos de seu pai.
 
 
 



Hoxe fixemos unha pequena sesión filosófica de "Xogar a pensar". O obxectivo principal que se persegue con este tipo de propostas é que todos os nenos e nenas pensen e falen razoablemente ao mesmo tempo que se converten en seres máis reflexivos e atentos ao discurso dos demais. Cando xogamos a pensar estamos favorecendo a expresión oral (porque o pensamento exprésase a través da linguaxe), aprendendo a considerar diferentes perspectivas, hábitos e normas de diálogo en grupo, a observar, imaxinar e reflexionar, a expresar as nosas opinións e argumentar as afirmacións, a falar e escoitar, a comparar unhas ideas con outras, a formular hipóteses e conceptos precisos, a buscar alternativas,...

Partindo da seguinte imaxe, demos resposta a varias preguntas


 A primeira foi sinxela,... que podedes ver na imaxe?
 
 
 




por que pensades que se trata dun chico e non dunha chica?
 

 Que son esas cousas amarelas?
 

 E o punto vermello?
 
 
Analizando toda a información que nos daba a imaxe e pensando na postura que tiña a silueta, chegamos á conclusión de que estaba no ceo, rodeado de estrelas e que se estaba caendo, polo que inmediatamente nos acordamos,.. de ÍCARO.
 
A profe contounos que se trata dun cadro dun artista que xa coñecemos na Sementeira, Henri Matisse
 
 

A parte final da tarefa foi recrear o Ícaro de Matisse fixándonos moi ben en todos os detalles
 





















A semana pasada tamén xogamos a pensar pero desta volta fixémolo con nubes. De seguro que algunha vez tamén vós xogastes a buscar formas nas nubes
 
 
 





 Na seguinte imaxe tod@s vían un home e a pregunta foi se sería bo ou malo e por que
 



A actividade final desta volta serviu para practicar a escritura espontánea
 

 













 Esta semana inauguramos a tempada de picnics ao aire libre; non esquecemos actualizar o noso "Froitómetro", xogamos a bailar os aros e debuxamos con xiz no chan
 





 









 







A sesión de ioga do mércores foi moi diferente ás que adoitamos facer porque en lugar de practicar asanas, fixemos mandalas co noso propio corpo e quedaron espectaculares!