Hoxe recibimos unha visita moi especial e agardada por todos os Sementeiros e Sementeiras pois Papá Noel non quixo deixar pasar a ocasión de vir a saudar aos nenos e nenas do Rosalía; recibímolo cos brazos abertos!
De volta na aula continuamos rematando tarefas e facendo manualidades. Hoxe tocoulle o turno a un reno que xa decora a nosa porta
As bolsas e portadas do trimestre marchan a bo ritmo

A decoración do corredor sempre ten algún detalle novo co que desfrutar
Como non todo vai a ser troulear, añadimos un novo concepto matemático ao noso listado de saberes e a descomposición de números e a decena comezan a non ter segredos para nós. Primeiro comprendemos o significado da palabra decena cun xogo (agrupar obxectos de dez en dez nuns conxuntos) e despois chegou o momento de falar das unidades; agora todos os días o encargado ou encargada practica a descomposición numérica
O momento da plasti é moi divertido coas novas tarxetas coas que practicar grafismos
O Elfo segue visitando a nosa clase para facer todo tipo de trasnadas; cada día nada máis chegar comprobamos emocionad@s o que fixo na Sementeira. Saíunos larpeiro porque a semana pasada comeu a merenda da profe e esta semana non deixou nadiña das galletas de xenxibre que tiñamos para merendar entre tod@s. Tamén escondeunos o mando da PDI, fixo ioga e encheu o espello dos pósits que utilizamos para apuntar os adxectivos que atopamos nos contos.
Hoxe levamos unha gran alegría porque nos comunicaron que a postal de Alba resultou a gañadora na categoría de Educación Infantil no concurso de postais organizado no cole.
PARABÉNS ALBA, estamos moi orgullos@s de ti!!!

































































































































No hay comentarios:
Publicar un comentario