Decembro é un dos meses que máis nos gustan na Sementeir pois disfrutamos a tope con todas as actividades relacionadas co Nadal.
Comezamos coa decoración dos espazos comúns dando protagonismo a Rodolfo.
Unha das propostas de libre participación foi a creación dunha guirnalda. Organizáronse en parellas e compartiron tarefas. Despois xuntáronse para facer unha guirnalda moi longa. Foi un pracer velos organizarse e tomar decisións de xeito autónomo (que maiores se están facendo). Queremos que ocupe todo o corredor e, xa case estamos chegando ao final!

Falamos sobre a flor de Pascua e pintamos unha con témperas e pinceis.
E tamén aprendemos o que era o acivro e practicamos grafismos debuxando unha folla.
As típicas bolas de Nadal non poden faltar nunha boa decoración. Fixemos grafismos en cartón e decoramos con purpurina e un lazo.
Nestas datas tamén son típicos as imaxes dos pobos nevados. De xeito voluntario coloreamos varias casas, unha torre e árbores que fan máis acolledora a entrada da Sementeira.
 |
| Tamén temos tempo para disfrutar dos contos navideños |

Sempre que rematamos de merendar temos un tempo para compartir xogo simbólico con todos os compis de infantil na aula de psicomotricidade. Onte, aproveitando un xogo de construcións, varios Sementeiros e Sementeiras construíron un photocall de reno. Viva a imaxinación!! Moit@s non quixeron deixar pasar a ocasión de sacar unha foto
As propostas de xogo libre están moi solicitadas estes días
Todo o cole está preparando unha panxoliña en lingua de signos para cantar na festa de Nadal. A profe Salomé explicounos o estribillo para que o poidamos ir ensaiando estes días.
O Nadal sempre é unha boa época para facer florecer o noso lado máis solidario e un ano máis dende a Biblioteca do centro organízase a "Operación Kilo" para recoller alimentos destinados ás familias máis necesitadas da contorna. MOITAS GRAZAS polas vosas achegas.
E tamén, un ano máis o Equipo de Dinamización da lingua organiza un concurso de Postais Navideñas. Grazas tamén a todos os Sementeiros e Sementeiras que vos animastes a participar.

A sesión de ioga de onte foi moi divertida.

De xeito individual escollemos entre as diferentes asanas que nos propoñía Papá Noel ou o Elfo e tod@s as practicamos.
Empezamos a elaboración das nosas bolsas trimestrais. Usamos témpera dourada e espátula para estendela pola bolsa.
Pero sen dúbida, se temos un protagonista estes días na aula, ese é o Elfo máis travieso de todos os Elfos.
Non hai día que non atopemos un desastre en clase.
PRIMEIRA TRASNADA
SEGUNDA TRASNADA
TERCEIRA TRASNADA
CUARTA TRASNADA
Este día o Elfo pasouse! deixounos sen cadeiras toda a mañá e ata tivemos que ir a merendar á aula de psicomotricidade
A parte positiva foi que nos deixou de agasallo un xogo moi divertido co que botamos moitas risas
Hoxe tivemos que pasar o día sen mandilóns.
Que se lle ocorrerá mañá? iso é todo un misterio ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario