O pasado martes día 18 estaba marcado no calendario da Sementeira como un día importante pois fomos a Santiago de Compostela a ver a obra de teatro "A frauta máxica", baseada na famosa ópera de Mozart.
A semana previa empezamos a investigar a partir dun cadro
A primeira delas foi: que podedes ver na imaxe?
Despois do faladoiro coñecemos a historia e pouco a pouco familiarizámonos co nome dos personaxes: Papageno e Papagena, Sarastro, Monóstatos, Tamino e Pamina e como non, ... a Raíña da Noite foron @s protagonistas dos nosos xogos
Papageno, o noso favorito, cobrou especial importancia na hora do panel porque nos axuda a contar os compañeiros-as que están no cole
Fixemos variadas tarefas impresas

E chegou o gran día! todo resultou emocionante, dende a viaxe en autobús ata atoparnos con Papageno (ou Papapino como lle chamaban na obra) e a Raíña da Noite. A obra estivo espectacular e disfrutámola a tope!


No hay comentarios:
Publicar un comentario