Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 4 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
jueves, 3 de julio de 2025
Fin de curso
Pois chegou o verán e con él o remate do curso escolar. Foron días moi axetreados na Sementeira rematando tarefas, preparando manualidades, ensaiando para o festival,... aquí vai unha escolma destes últimos días na aula de catro anos
Visitamos a biblioteca do cole e gozamos dos libros
Festexamos o aniversario da nosa compi EMMA
PARABÉNS!
Fixemos o reconto do "Froitómetro" e levamos para casa o noso agasallo por merendar froita todos os mércores
Asistimos á graduación dos nosos compañeiros e compañeiras da clase de 5 anos que marchan para Educación Primaria
Rematamos o noso "Pasaporte Lector". Os últimos contos que levamos para casa eran da profe e fixo especial ilusión rematar así a nosa andaina lectora
Disfrutamos do derradeiro exemplar de "Novas de Infantil" do curso
Puxemos fin ao noso Proxecto Plumas, rematando o libro do paxaro de lume (coñecemos algunhas cousas típicas de Rusia, país do paxaro como as matrioskas, a catedral de San Basilio ou o xogo do tetris), recollendo información sobre algunha ave un tanto peculiar que chamou moito a nosa atención e decorando o corredor imitando os cadros do artista Brasileiro Gustavo Rosa
Rematamos tamén unha actividade que empezamos polas Letras Galegas e que nos levou un tempo facer. Trátase do "Cancioneiro Popular Sementeiro". Non tivemos tempo de que viaxase polas casas pero queda na aula como recordo
O día 20 puxemos punto e final ao curso 2024/25 por todo o alto cun Festival moi especial. Antes de que dera comezo e como xa é tradición, os nenos e nenas de Infantil fixemos un último ensaio e sacamos unhas fotos de recordo
Fixemos un corredor para despedir ao alumnado de sexto curso de primaria
E deu comezo o Festival ao ritmo Ochentero da nosa actuación
Disfrutamos moito de todas as actuacións e marchamos a merendar moi content@s
Non hai mellor maneira de poñer punto e final a ano escolar, non vos parece?
Agora toca descansar e cargar as pilas porque para o vindeiro curso,.... xa seremos os maiores de Infantil!
No hay comentarios:
Publicar un comentario