viernes, 19 de septiembre de 2025

Carapuchiña

 Esta semana tivemos unha protagonista indiscutible na Sementeira, e foi Carapuchiña vermella.  

 O luns na hora do conto a profe contou esta versión do conto tradicional


 Despois pediu un debuxo dunha das partes máis impactantes da historia (cando o lobo come a Carapuchiña e a avoa).














A seguinte tarefa foi en gran grupo pois fixemos unha análise pormenorizada da historia dando resposta a unha serie de preguntas. Esta actividade axudou a comprender o que lemos e empregáronse diferentes estratexias como facer preguntas, visualizar a historia, identificar a idea principal, cales son os personaxes ou os detalles importantes. Fixemos unha análise do texto en toda regla!






 Preguntámonos se todas as historias que coñecemos de Carapuchiña serían iguais e, para averigualo decidimos solicitar axuda nas casas e así facer unha pequena colección na aula coa historia que estamos a analizar.





Ao día seguinte chegaron un montón de contos.















 Xa levamos analizados tres contos e en todos temos variacións anotadas (esquecín sacar foto actualizada do noso rexistro). Xa sabedes que dunha mesma historia sempre atopamos diferentes versións e iso estanos a dar moito xogo na Sementeira estes días.

Algunhas das propostas de libre circulación estiveron relacionadas co conto; pouco a pouco tamén estamos introducindo o abecedario en minúsculas fixándonos simplemente nas letras (deixamos para máis adiante a súa representación escrita).































A sesión de  ioga do mércores foi bastante produtiva e conseguimos realizar diferentes asanas (teléfono, tiburón e tobogán)































 
Como facía bo día fixemos un picnic 


 Puxemos fin a esta semana celebrando os cumples do verán. Parabéns para Roi, lois, Daniela, Alba e a profe Ana ;)


  






 
 








  





 
Despois de tanta festa todavía tivemos tempo para disfrutar en gran grupo dun xogo que nos axuda a recoñecer as minúsculas
 




No hay comentarios:

Publicar un comentario