Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 5 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
martes, 4 de noviembre de 2025
Samaín 2025
Chegou a festa máis divertida do outono e con ela tamén o tradicional Magosto do cole.
Os días previos rematamos o noso mural de Frankenstein
As teas de araña tamén locen terroríficas
Visitamos a exposición de cabazas organizada polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares. Moitas grazas a todas as familias que se animaron a participar!!
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua animáronnos a gardar nos nosos medos nunha caixa para despois queimalos o día da festa.
Todo o alumnado de Educación Infantil se reuniu para disfrutar do conto animado "Fiz, o coleccionista de medos"
A sesión de ioga do mércores foi unha carreira entre monstros. Tiñamos que practicar a asana do monstro gañador. Que ben o pasamos!
O venres en lugar de nenos e nenas, o Rosalía encheuse de seres de ultratumba con moitas ganas de troula
Despois da sesión de fotos máis terrorífica do ano tivemos tempo de estrear un dos xogos cos que disfrutamos ao longo da xornada, "Ollos de Zombi"
A media mañá reuniuse todo o cole para desfilar e presumir de disfraces
E chegou o momento de degustar as castañas e disfrutar do noso CASTAÑAZO FEST. Un ano máis debemos dar as grazas ás familias pola aportación das castañas e a Manolo, o noso conserxe, que se ofreceu a asalas!
Un cesto de castañas listo para asar!
Ao rematar queimamos os nosos medos
Unha vez liberados dos nosos pesadelos para sempre, tocaba repoñer forzas coa merenda aportada polas familias da aula de 4 anos. Monstruosamente deliciosa!! Moitas grazas!!
Tivemos que reorganizar o momento dos xogos porque a choiva fixo acto de presenza na nosa festa, polo que os trasladamos ata a aula de usos múltiples e ao corredor; disfrutamos a tope poñendo a proba o noso equilibrio e puntería!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario