miércoles, 18 de marzo de 2026

De todo un pouco

 As últimas semanas de trimestre sempre temos moito traballo na Sementeira; conmemorar datas sinaladas, preparar as bolsas e as portadas dos nosos traballos, rematar tarefas pendentes, seguir interiorizando contidos de xeito lúdico, recibir a papás que nos veñen a contar un conto,,... non paramos!

Para conmemorar o 8M falamos das mulleres que máis preto temos, o que cada día fan por nós, como nos axudan, como nos fan sentir,... 


 despois elaboramos unha actividade coa que baixo o título de "AS CINCO MULLERES DA MIÑA VIDA", queremos facer a nosa particular homenaxe dende a Sementeira

 
















 O papá de Mateo visitounos para contarnos non un, senón dous contos moi divertidos cos que botamos moitas risas












 

 As propostas de xogo libre das últimas semanas estiveron enfocadas a traballar sobre todo, a orientación espacial e a motricidade de carácter fino





 













 



















Agora xa as cambiamos e a Pascua é o tema en torno ao cal xiran as actividades ao longo deste final de trimestre; traballamos aspectos relacionados coa lectoescritura, a lóxica-matemática, a orientación espacial, as simetrías, a percepción visual, a destreza motriz,...

 










 












































Empezamos as bolsas onde levaremos os traballos do trimestre, e tamén as portadas do noso libro de recordos coas tarefas impresas que fixemos estes meses
 
 










 



Hoxe retomamos as sesións de ioga (pero esquecemos sacar fotos); as que vos amoso a continuación son de hai unhas semanas cando aproveitamos a sesión para facer fotos con perspectiva e rematamos cun verme relaxante moi divertido
 
 






No hay comentarios:

Publicar un comentario