jueves, 19 de noviembre de 2026

Seguimos avanzando

 Co paso do tempo na Sementeira continuamos afianzando rutinas e establecendo outras novas, sobre todo na hora do panel, momento no que o encargado ou encargada está moi atarefad@









 










O encargado reparte a inicial de cada compañeiro-a














Contamos un conto coa axuda do encargado


























Esta semana incorporamos unha novidade moi especial ás sesións de ioga pois comezamos a utilizar as esterillas. Para prepararnos, o primeiro paso foi descalzarnos con moito coidado, un xesto sinxelo que nos axuda a conectar co noso corpo e a fomentar a autonomía persoal. Despois de facer varias posturas xogando co movemento e a respiración, rematamos a sesión cun momento máxico de relaxación. Todos nos tombamos boca abaixo na postura do crocodilo, ben estirados e tranquilos, mentres unha xoaniña traste pasaba polo noso corpo facéndonos cóxegas moi amodiño





 












 














Como cada mércores, na aula temos o noso día dedicado á froita, e rexistramos o seu consumo co noso Froitómetro. Despois da merenda, cada neno e nena busca a súa foto e coloca unha bola no seu lugar
 



Durante o tempo de xogo libre na aula, cada neno e nena ten a liberdade de decidir a que recanto quere ir e a que lle apetece xogar. Este momento é fundamental, xa que lles permite explorar segundo os seus propios intereses, fomentar a súa autonomía e aprender a convivir e compartir materiais cos compañeiros e compañeiras de xeito espontáneo. Para seguir enriquecendo a súa aprendizaxe e adaptarnos ás súas necesidades, a semana que vén faremos algúns cambios na organización da aula. Eliminaremos algúns dos recantos actuais e substituirémolos por diferentes propostas individuais e de pequeno grupo ou parellas
 

 






 





















 




















 























































 Cada día na aula buscamos un momento especial para realizar un xogo en gran grupo. Estas actividades colectivas son fundamentais nos 3 anos, xa que fomentan a cohesión do grupo, axudan a mellorar a atención compartida e permiten que os nenos e nenas aprendan a respectar as quendas mentres se divirten cos seus compañeiros e compañeiras.

 Unha das actividades que levamos a cabo a semana pasada foi debuxar a choiva nas nubes; estivemos a traballar o trazo vertical (de arriba cara a abaixo) e a motricidade fina 












Outro día o oso reto común foi construír entre todos unha gran torre. Por quendas, cada neno e nena tiña que lanzar un dado xigante, contar cantos puntiños saían e coller exactamente ese mesmo número de pezas para engadilas á nosa construción compartida. Iniciámonos no conteo e na asociación entre a cantidade do dado e o número de pezas que hai que coller



















Tamén utilizamos o encerado dixital interactivo (PDI) para xogar todos xuntos a un memori visual. Na pantalla aparecían varias cartas boca abaixo e, por quendas, cada neno e nena tiña que levantarse, tocar dúas tarxetas co dedo para darlles a volta e comprobar se eran iguais. Os demais compañeiros e compañeiras axudaban desde o seu sitio, facendo memoria entre todos para lembrar onde estaba agochada cada imaxe. Exercitamos a capacidade de observación, a concentración e a retención de imaxes no espazo













No hay comentarios:

Publicar un comentario