miércoles, 16 de septiembre de 2026

A tope!

Por aquí xa estamos a cen por hora e tiñamos moitísimas ganas de contarvos que tal vai a vida dentro da nosa aula. Deixamos atrás os nervios dos primeiros días e, case sen darnos conta, xa somos un auténtico equipo! Pouco a pouco imos collendo o ritmo e as rutinas diarias xa saen solas (a hora da merenda é un dos momentos que máis disfrutan)

 Se entrades na clase a primeira hora, o máis seguro é que nos vaiades escoitar cantando e bailando coma tolos (¡e en galego e inglés, que non hai lingua que se nos resista!)
 
 
Despois, xa somos uns campións e campioas gardando as libretas no seu sitio e pelexando cos botóns e as mangas para poñer o mandilón. ¡Dá gusto velos!
O mellor de todo chega co xogo
 




Hoxe por exemplo fixemos un xogo grupal de recoñecemento de figuras xeométricas















  Estamos a pasalo en grande compartindo xoguetes e espazos cos outros compañeiros de Infantil. O máis difícil? O de agardar a quenda... pero paciencia non nos falta e imos aprendendo a compartir e respectarnos cada día un pouquiño mellor. 
E ollo, que esta semana xa estreamos autobús e comedor! Súper maiores, de verdade. 
Aquí estamos visitando ás cociñeiras e preguntándolles polo menú
 Non podemos esquecer unha supernovidade destes días: ¡xa celebramos o primeiro aniversario do curso na aula! O noso homenaxeado decorou a súa coroa e fixémoslle sentir como un auténtico rei. Para festexalo ao grande, compartimos entre todos unhas galletas riquísimas que trouxo para convidar a toda a clase e ata houbo biscoito para as profes



 




 Sabemos que son moitas novidades xuntas, pero é incrible o rápido que se adaptan e collen autonomía! En resumo: esta Sementeira está a medrar forte e con moitísima alegría!

jueves, 10 de septiembre de 2026

Primeiras veces

O noso segundo día no cole foi unha auténtica aventura! Hoxe os peques de 3 anos fixéronse duns valentes e lanzáronse a explorar por primeira vez o patio e a aula de psicomotricidade. ¡Non pararon de correr, saltar e investigar cada recuncho!
Ao chegar fixemos uso por primeira vez dos percheiros e das caixas para gardar os abrigos e colgar as mochilas 
 

 
 O mellor de todo foi ver como compartimos os xoguetes entre tod@s en gran grupo, sen ningunha discusión nin o máis mínimo problema. ¡Son uns compañeiros fantásticos! 



















 




  Xuntámonos tod@s para escoitar un conto súper divertido. Pasámolo tan ben e estivemos tan entretidos que, vaia, non nos deu tempo nin de sacar unha foto para ensinarvos de recordo!
 
 Para recargar enerxías, merendamos todos xuntos. Demostraron unha capacidade de adaptación incrible e unha autonomía que me deixou coa boca aberta para o pouco que leva comezado o curso.
 
  Ademais, tiveron a oportunidade de coñecer a un montón de compañeiros novos e tamén ás profes que os van acompañar nesta viaxe







 O momento do patio foi unha tolería de diversión; descubrimos o areeiro e os tobogáns, e disfrutamos do xogo libre 
 













Despois de descansar un pouco e beber moito, estivemos na aula de usos múltiples disfrutando dun circuíto psicomotriz
 











Cara o final do día xa se empezaba a notar un chisquiño o cansanzo de tantas emocións xuntas. Estou súper orgullosa e feliz co día de hoxe, e xa estou desexando que chegue mañá, porque seguro que vai ser outro gran día. ¡Seguimos sumando momentos xuntos!