martes, 12 de febrero de 2013

Festa de Entroido

 O venres día 8 celebramos o Entroido no cole cunha festa moi especial. Pola mañán chegaron @s verdadeir@s protagonistas do día: @s cantantes, que tiveron unha actuación moi aplaudida por todos os compañeiros e compañeiras do cole. Pasámolo estupendamente, bailamos, cantamos e rimos un montón. Aquí tendes as fotos do día.
Primeiro fixemos as fotos de benvida na aula:
 Despois, o Photocall. Aquí temos madeira de artistas eh?
E chegou o momento estelar: o noso desfile
 Despois disfrutamos moito do festival.
Gustáronnos moito as actuacións dos maiores.
 Aquí vos deixo un vídeo das nosas compañeiras máis bailonas
E non podía faltar a xa tradicional merendola de entroido.
Moitas grazas polas vosas portacións culinarias!
Estaba todo de rechupete: filloas con chocolate, flores, rosquillas, moreas de orellas,....


Para rematar, unhas fotos d@s profes que tamén quixeron posar no photocall

lunes, 11 de febrero de 2013

As Mandas do Meco

A semana do Entroido tivemos un visitante novo no cole: o Meco.
 Cada día tiñamos unha nova manda e pasámolo moi ben disfrazándonos.
 Visitamos ao Meco para coñecer a manda do día seguinte, fixemos fotocopias coa profe e levamos unha nota para casa na libreta viaxeira indicando o que tiñamos traer.

miércoles, 6 de febrero de 2013