viernes, 1 de noviembre de 2013

A Súper Festa do Samaín

O mércores foi un día terroríficamente divertido no cole Rosalía. 
Os nenos e nenas de infantil viñemos moi ben caracterizados para a ocasión. 
Tivemos de todo: photocall, xogos, bailes, premios, merendola con castañas asadas,....
Aquí estamos posando como auténtic@s profesionais do medo
Despois das fotos tocou mover o esqueleto
Antes de saír ao patio para comer as castañas, a profe María fixo entrega do premio do concurso de bruxas. No ciclo de infantil resultou gañador o traballo de Carolina. Moitas felicidades compañeira!!
E chegou o momento de celebrar o samaín por todo o alto comendo castañas
 Foi un día cheo de sorpresas e de momentos moi divertidos
¡BICOS DE BRUXAS!

jueves, 31 de octubre de 2013

Contos de Medo

Este martes tivemos unha tarde moi especial no cole porque os nosos compañeiros e compañeiras  maiores viñeron a contarnos...¡CONTOS DE MEDO!
O que máis nos gustou foi "A bruxa regañadentes" porque xa o coñecíamos. É un dos nosos contos favoritos da biblioteca de aula.
Compartimos a sesión con todos os nenos e nenas de infantil na biblioteca do cole
Apagáronse as luces e empezou a sesión de contacontos
E colorín, colorado,.. este conto está rematado!