domingo, 17 de noviembre de 2013

Gloria Fuertes

Dende hai unhas semanas temos un sitio moi especial na aula: 
o recuncho de Gloria Fuertes
Estamos tod@s moi emocionad@s coñecendo a súa vida e obra.
O primeiro que fixemos foi colorear as letras que compoñen o seu nome
 Despois colocamos diferente material no recuncho: libros con poemas, información, fotos e xogos
xogamos a vestir a Doña Pitu Piturra


contamos as palabras que ten cada verso do poema
Compoñemos o seu nome
Miramos fotos, debuxos e manuscritos





Buscamos palabras agochadas nos poemas e contamos estrofas

Miramos libros de poemas


Algúns sementeiros e sementeiras xa falaron sobre Gloria Fuertes na casa e Pablo Miguéns fixo un mural sobre o poema "Cómo se dibuja una señora"
Na clase estivemos colroeando a caricatura da protagonista do noso recuncho
¡Estamos tod@s entusiasmad@s con este novo proxecto na aula!

Libros Viaxeiros

Xa temos rematado o noso primeiro proxecto sobre as xoaniñas. O libro viaxeiro xa está visitando as casas dos sementeiros e sementeiras. Viaxa acompañado dun DVD con fotos que recollen todo o proceso vivido na aula.
Tamén rematamos o noso traballo sobre as bruxas e o samaín. O libro viaxeiro cos nosos traballos está xa de paseo polas casas sementeiras. Ten de todo: fotos, debuxos,... e ata un conto inventado entre tod@s na aula!
¡Esperamos que disfrutedes na casa dos nosos traballos!

sábado, 16 de noviembre de 2013

Contacontos de pais e nais

Este mes puxemos en marcha a actividade iniciada no curso pasado  na que os papis e mamis da Sementeira veñen a contarnos un conto. 
O venres pasado tocoulle o turno ao papá de Candela e tod@s disfrutamos un montón de dous contos: Tío Lobo e Pepa Pig.
Este video amosa o ben que o pasamos co conto "Tío Lobo"
 Para agradecer a súa visita non podía faltar un diploma para este contacontos tan divertido
MOITAS GRAZAS!