jueves, 15 de mayo de 2014

Un conto con regalo

Onte martes, estivemos na sala de audiovisuais do cole para escoitar un conto moi especial sobre a vida do homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas. Vari@s compañeir@s foron sacando dunha caixa diferentes obxectos cos que a monitora da sesión foi compoñendo os datos máis coñecidos da vida e obra de Xosé María Díaz Castro. Ao final levamos de regalo un globo coas iniciais do poeta.

lunes, 12 de mayo de 2014

Rosalía de Castro

O venres pola tarde coñecemos a unha nova poeta na Sementeira: Rosalía de Castro. Ningún dos nenos e nenas a coñecía; Sabían que debera de ser unha persoa moi importante porque o noso cole leva o seu nome pero non sabían contestar a que se dedicaba nin onde vivira.
Visitamos varias páxinas web na procura de información. 
Atopamos a súa Casa da Matanza, que agora é un museo...
... e visitamos a través do ordenador algúns dos seus cuartos
 Tamén atopamos unha estatua de Rosalía de Castro no Paseo do Espolón, que moitos sementeiros e sementeiras recoñeceron
Despois fomos a dar unha volta polo cole e encontrámonos con que a nosa biblioteca leva o seu nome. Aquí está o cartel.
 E tamén atopamos un cadro de Rosalía. Alí fixemos un alto para recordar todos os datos aprendidos e facer unha pequena posta en común.
 Na aula xa comeza a estar presente a figura de Rosalía de Castro. Mirade o fondo de escritorio do noso ordenador.
Hoxe luns, ROI chegou emocionado cunha bolsa do supermercado que tiña debuxada a cara de Rosalía.
Seguiremos investigando na aula sobre esta xenial poeta das letras galegas e coñeceremos unha pequena escolma da súa obra.
Por certo,... xa tedes plans para este fin de semana?
dende a Sementeira queremos propoñervos unha visita en familia á Casa Museo de Rosalía de Castro
Deixámosvos o enlace á paxina web

jueves, 8 de mayo de 2014

Libros Viajeros

Hoy empezaron a viajar los cuentos de aula sobre Castillos y la Edad Media. El encargado, la encargada y cada día un@s poc@s afortunad@s (quienes mejor trabajen, se esfuercen y se porten bien), podrán llevarse a casa estos libros para poder compartirlos con toda la familia. 
Es muy importante que vuelvan de nuevo al cole al día siguiente para que tod@s podamos disfrutarlos, y que en casa los cuidéis mucho para que no se deterioren demasiado.
Tenemos una hoja de registro donde apuntar los libros que nos llevamos.
 Estos son los libros de aula que vamos a compartir
 Y este es el rincón que hemos preparado
 Los primeros en escoger libro son el encargado y la encargada del día. Hoy les tocó el turno a Roi y Paula. Aquí están posando para la foto con el libro elegido.
Y aquí están l@s afortunad@s de hoy
Al final del reparto, la caja se queda vacía
 Esperamos que disfrutéis en familia con esta nueva propuesta

miércoles, 7 de mayo de 2014

Aniversario de Irene

Hoxe, 7 de maio, a nosa compañeira IRENE está de aniversario. Xa ten 5 anos!
Trouxo un biscoito para compartir con tod@s. Estaba moi rico!


martes, 6 de mayo de 2014

Rosa Caramelo

Así se titula o noso novo conto da biblioteca de aula
Sinopse:
Aillada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin poderá descubrir o significado da liberdade e abrirlle o camiño da igualdade ás súas compañeiras.
Aquí vos deixamos un vídeo en Youtube


Libros no Patio

Esta semana, para celebrar que no mes de Abril se conmemora o día do libro, algúns dos contos da biblioteca saíron na hora do patio para que puidésemos lelos. Os maiores foron os encargados de supervisar o préstamo de libros
 Lembrade que dende o cole está organizando unha exposición de fotos do alumnado e as súas familias lendo. Xoel e Pablo Miguéns xa trouxeron as súas. Animádevos a participar. Tamén hai un concurso de marcapáxinas. Os máis orixinais recibirán un premio!