martes, 23 de septiembre de 2014

Aniversario de LUIS

Onte foi un día moi especial para o noso compañeiro LUIS porque estivo de aniversario
 

Xogar a pensar

A semana pasada estivemos "Xogando a Pensar". 
Despois de recordar as normas (elexidas entre tod@s) para poder xogar, a profe presentounos o seguinte conto
 
Antes de abrilo e contalo, fíxonos a seguinte pregunta:
cal pensades que é a cousa que máis doe do mundo?
Tivemos respostas de todo tipo que , unha vez recollidas, pasarán a formar parte do noso libro viaxeiro de xogar a pensar.
O seguinte paso, despois dunha conversa moi animada sobre o tema da pregunta, foi contar o conto e descubrir que ningún dos sementeiros-as pensara na resposta que se dá no conto á pregunta, 
pois a cousa que máis doe do mundo é... A MENTIRA.
 Sinopse do conto
A lebre e a hiena conversan, nunha xeira de pesca, sobre asuntos cotiáns. «A mentira é a cousa que máis doe do mundo», di a lebre; e a hiena bota a rir. Para demostrarllo, a lebre elaborará, na porta de palacio, un «pastel» moi especial que vai provocar a cólera do rei; logo, coa complicidade das moscas, expertas en ca...case todo tipo de cheiros, buscarán entre os animais, o culpable de semellante obra.
 
 Unha vez rematado o conto iniciamos unha nova conversa sobre a mentira: se nos gusta que nos conten mentiras, se nós memos-as as contamos, se papi e mami nos menten algunha vez,...

jueves, 18 de septiembre de 2014

Xogos de Mesa

Esta semana estreamos xogos de mesa na Sementeira. Cando rematamos de facer as actividades impresas, e antes de merendar, temos tempo para xogar un pouco en pequenos grupos.
Cos xogos de mesa aprendemos, entre outras cousas, a respectar sinxelas regras, incúlcannos paciencia ao ter que esperar a nosa quenda, nos axudan a saber levar unha frustación pois non sempre se gaña, fomentan o noso pensamento lóxico e aprendemos a traballar en equipo.

Mércores con froia

Este mércores tivemos a nosa primeira merenda saudable pois tocaba traer froita.

lunes, 15 de septiembre de 2014

Escribimos nas libretas viaxeiras

Este ano temos previsto facer na Sementeira merendas saudables. Todos os mércores traeremos froita para a hora da merenda e así traballaremos na mellora dos nosos hábitos alimentarios.
Hoxe estivemos escribindo a nota na nosa libreta viaxeira e así  mandar toda a información para casa. 
 Este ano faremos moitas veces este tipo de actividade: completar as notas que enviamos na nosa libreta para que as poidades ler na casa. Así poderedes comprobar os nosos avances en lectoescritura ao mesmo tempo que vos mantemos informados de todo o que facemos na aula.

E lembrade, os mércores... DÍA DA FROITA!

miércoles, 10 de septiembre de 2014

Arrancamos motores

Ola a tod@s! xa estamos aquí de novo; este ano cunha novidade moi importante pois xa somos @s maiores de infantil!!! hai que ver o rápido que pasa o tempo. Parece que foi onte cando iniciamos esta aventura e xa estamos no noso último curso de educación infantil.
Hoxe foi un día moi especial, de reencontros despois dun longo verán sin vernos.
Tivemos tempo de facer un montón de cousas; 
despois dunha longa asamblea, na que nos contamos as nosas peripecias estivais, fixemos un panel un pouco especial pois aínda non está preparado o novo.
Coñecemos a Noelia, a nosa profe de apoio, que nos contou un conto moi... emocional
 e aproveitamos a súa visita para facer un debuxo das profes e pintalo con acuarelas.
xogamos en pequeno grupo con crebacabezas e ensartables
ata tivemos tempo de facer unha merendola ao aire libre no patio de atrás
Despois de repoñer forzas chegou a hora do patio.
E tamén tivemos tempo para bailar e cantar en psico e para estrear plastilina nova.
(aquí esquecemos sacar fotos)
Non está nada mal para ser o primeiro día de cole. Foi moi ben aproveitado, non vos parece?

lunes, 8 de septiembre de 2014

Curso 2014-15

Este mércores comezamos un novo curso escolar.
 Estades preparad@s?
Vémonos pronto na Sementeira!