domingo, 13 de septiembre de 2015

O Polo Pepe

Este venres pasado (segundo día de cole para @s peques de 3 anos) foi un día moito máis tranquilo, sen choros, e con moito que facer na Sementeira.
Contamos o conto  dun polo moi, pero que moi divertido chamado Pepe.
 o polo pepe-nick denchfield-9788498543971
 Cantamos a canción e ata a bailamos.
Aquí deixamos o enlace para que tamén a poidades bailar na casa.
Adicamos un tempo a facer a nosa primeira actividade impresa e obtivemos uns resultados sorprendentes!!! Despois de traballar estivemos xogando un pouquiño antes de marchar.
Os nosos "Pepes" decoran a clase, mirade o ben que quedaron
 
Por último, deixámosvos un vídeo con Paula e Amaya, as máis bailongas do grupo

jueves, 10 de septiembre de 2015

Aterrando na Sementeira

Por fin chegou o día de coñecernos!
 Que alegría ver tantas caras contentas con ganas de empezar o cole!
(bueno, tamén hai que recoñecer que a algúns peques escapóuselles algunha bágoa ao deixar a papi e a mami pero mañá seguro que traerán máis ánimos)
Tivemos unha mañá moi axetreada e emocionante.
O primeiro grupo foi o formado por:
Anxo, Alejandro, Lía, Carmen e Adrián
En todos os grupos tivemos a mesma dinámica: buscamos a silla coa nosa foto, sentamos no noso sitio para atender ás explicacións da profe Ana e xogamos coas construcións e os animais compartindo as cousas cos nosos novos compañeiros e compañeiras.
 Tivemos tamén tempo de ver o corto animado dos tres porquiños. 
Aquí está o enlace para que tamén o poidades ver na casa
O seguinte grupo estivo formado por: Paula Ces, Amaya, Pedro Meijueiro e Pedro Pérez. Faltounos Aitana Citoula, que está maliña. Dende aquí mandámoslle un bico para que se recupere pronto (Amaya ten moitas ganas de vela!)
 Amaya pediume que lle puxese unha canción para bailar e Paula tamén se animou a mover o esqueleto; todo baixo a atenta mirada de Pedro.
E chegou o grupo parlanchín: Aitana Rivas, Lucas, Ezequiel e Sasha. A Daniela costoulle un pouquiño máis pero mañá seguro que o pasará moito mellor.
O último grupo foi o d@s valentes porque... ninguén chorou!!
Paulo, Sara, Paula, Mauro e Carolina pasárono moi ben xuntos.
Agora que xa tivemos a primeira toma de contacto co "cole dos maiores" todo será moito máis fácil de levar. Mañá será outro gran día, Seguro!!
imagenes de felicidad animadas (3)

miércoles, 9 de septiembre de 2015

Nova Promoción 2015

Este xoves día 10 de setembro comezamos un novo curso escolar. 
A aula "A Sementeira" xa está preparada para recibir a unha nova promoción de pequenos e pequenas dispost@s a formar parte do noso cole.
Mañá comeza unha nova aventura para tod@s nós.
 Estades preparad@s? 
Quero aproveitar dende aquí, para desexar o mellor do mellor aos nenos e nenas que, rematada a vosa etapa infantil na Sementeira, empezades mañá unha nova andaina en primaria tanto no Rosalía como noutros coles un pouquiño máis lonxe de nós:
Candela, Iria, Nerea, Paula, Daniela, Dani Martínez, Alessandro, Roi, Luis, Pablo Miguéns, Iván, Breixo, Carmen, Ainhoa, Alejandro, Irene, Carla, Sabela, Anabel, Pablo Piñeiro, Dani Trigo, Xoel, Alán, Izan e Ulises. 
Sempre seredes benvid@s na Sementeira!