domingo, 11 de octubre de 2015

Galletas ricas, ricas

Sasha trouxo un regalo para que a mañá se nos fixese máis dulce: galletas de Mickey para tod@s
Mickey minnie mouse gifs imagenes
MOITAS GRAZAS ! estaban deliciosas

Sabores de Outono

Esta semana estivemos probando unha das froitas que temos na nosa mesa do outono: a GRANADA. 
Granada fruta01
 
A gran maoioría de nenos e nenas quixeron probala e... encantoulles !!
Despois da degustación chegou o momento de rexistrar nun panel se nos gustaba ou non.
Aquí están as fotos da realización da actividade, que fixemos en pequeno grupo.
 Seguiremos probando froitas e rexistrando os nosos gustos.

Aniversario de Paula

O pasado luns estivemos celebrando na aula o aniversario da nosa compañeira PAULA CES
Primeiro decorou a súa coroa
 Quedoulle fantástica
Cantamos e apagou a candea

E merendamos as galletas que trouxo para compartir con tod@s

domingo, 4 de octubre de 2015

Festa e "plasti"

Este venres estivemos de celebración na Sementeira porque o noso compañeiro PEDRO MEIJUEIRO festexou os seus 3 anos
 

 
Cantamos, apagamos a candea,...
... e a comer galletas !!
PEDRO trouxo un regalo que repartirá o luns a cada compañeir@
Pola tarde estivemos xogando coa plastilina. Pasámolo pipa facendo churros, bolas e houbo quen se animou a facer unha torta de aniversario que quedou moi ben.