miércoles, 13 de enero de 2016

Teatro e máis

Hoxe vivimos unha mañá moi especial pois o grupo de teatro da 3ª idade de Padrón representou para tod@s nós unha obra moi divertida
Despois da representación fixemos unha merenda conxunta con todos os actores e actrices, que prometeron volver a visitarnos moi pronto.
Onte contamos un dos contos que nos deixaron os Reis
_. ',‘. '"' f _.  
in)"; 

v‘ I!  . *(‘
RsJVA  «g " ' ; 
l Q0)? ‘ l‘) )ÚLJ
1 no31‘ n, 

19" .  m

. c g ‘ 
0Q ¿ HU“
¿“V *
...
E fixemos unha actividade impresa que formará parte dun pequeno traballo que estamos levado a cabo sobre as emocións
 O monstro ten un pequeno lío coas emocións e nós imos axudalo a entendelas.

Resultado de imagen de el monstruo de colores
Esta semana celebramos o anviersario do noso compañeiro MAURO
 Image and video hosting by TinyPic
Trouxo galletas e un pequeno detalle para compis e profes. Moitas Grazas!!
Estamos traballando no recoñecemento do noso nome propio xogando coas letras; temos pinzas da roupa para compoñer o noso nome e o dos nosos compañeiros-as. De paso, tamén traballamos a nosa motricidade fina.
E o noso recuncho africano segue a medrar
AITANA trouxo un libro sobre Exipto que lle trouxeron os Reis Magos
(ten un montón de troqueles e tarxetas para xogar; é estupendo)
LÍA trouxo un traxe típico africano, de Mozambique. A que está guapa?

sábado, 9 de enero de 2016

A Hora do Panel

Todos os días despois das rutinas de entrada (poñer mandilón, gardar merenda, libreta e colgar abrigo e mochila) chega a hora do panel; reunímonos tod@s para contarnos as nosas cousas, pasar lista, ver o día que é hoxe e o tempo que fai, quen falta,...
Este é o noso Panel Africano
Para pasar lista temos uns exploradores e exploradoras moi simpáticos
Neste vídeo podedes ver como pasa lista a nosa compañeira Carolina
O venres estreamos o calendario do 2016 e apuntamos as datas importantes do mes de xaneiro
 Aproveitamos para contarvos que xa temos rematado o noso recuncho dos meses do ano; están numerados, temos as nosas fotos colocadas no mes en que celebramos o noso aniversario e fixemos unha tarxeta para cada mes que colocaremos no panel cando corresponda (a cada mes asignámoslle unha celebración; en xaneiro conmemoramos o Día da Paz)
Pola tarde estivemos xogando a un xogo de asociación de cores e figuras xeométricas que nos trouxeron os Reis
E antes de marchar para casa celebramos na aula o aniversario de LÍA que, durante as vacacións de Nadal festexou os seus 3 anos e quixo compartir con tod@s unhas deliciosas galletas das que non sobraron nin as faragullas
 

jueves, 7 de enero de 2016

Ano Novo

Estreamos ano ao grande na sementeira reencontrándonos tod@s despois das vacacións.
 Fundéu BBVA:
Os Reis de Oriente non se esqueceron de facer unha parada no cole para deixarnos unha chea de agasallos por portarnos tan ben; así que hoxe cando chegamos á aula levámonos unha gran sorpresa
E festexamos o aniversario da nosa compañeira AMAYA; a primeira en cumprir 4 anos