jueves, 6 de octubre de 2016

Dobre Aniversario

Esta semana tivemos celebración por partida dobre na Sementeira pois os nosos compis PEDRO MEIJUEIRO e PAULA CES celebraron os seus catro anos
 
Aquí están todos concentrados na decoración da súa coroa
Mirade cantas galletas para compartir entre tod@s
Pedro e Paula repartiron tamén un montón de chuches
cumpleanos-imagen-animada-0081

domingo, 2 de octubre de 2016

Pasaporte Lector

Este venres iniciamos na Sementeira unha nova rutina: levar un conto da biblioteca de aula para casa os venres. Xunto co conto levamos o noso pasaporte lector, que debemos ir cubrindo cada semana. A profe estampará un selo con cada viaxe lector e a final de curso haberá premio para tod@s @s viaxeir@s.
Na aula preparamos o pasaporte (escribimos o noso nome na portada), escollemos conto e gardámolo todo nas nosas novas mochilas.

Agora toca disfrutalo na casa
Niños felices leyendo un libro imaginativo Vector Gratis

domingo, 25 de septiembre de 2016

Plantando Romeu

Xa estamos no outono; e para despedir o verán contamos na aula o conto
"EL ÚLTIMO DÍA DE VERANO"
Nunha das súas páxinas conta como unha perdiz sae dunha matogueira de romeu.
 A profe preguntou se alguén coñecía o romeu pero non obtubo moitas respostas positivas polo que o paso seguinte foi levar unha poliña desta planta tan aromática á aula.
Despois de tocala e cheirala decidímonos a plantala e, unha vez pensado entre tod@s o que necesitabamos, puxémonos ao choio.

Unha vez plantada, escribimos o nome da nosa planta aromática e pegámolo na maceta.

Despois decoramos con pegatinas
 Esperamos que a nosa planta de romeu bote raíces pronto e creza unha chea

domingo, 18 de septiembre de 2016

Curso 2016/17

Empezamos un novo curso escolar.
 
Este ano deixamos de ser os máis pequerrechos do cole porque xa estamos en 5º de Educación Infantil. Pasarémolo xenial e viviremos un montón de aventuras tod@s xunt@s. Queremos dar a benvida a NOELIA, a nosa nova compañeira, que pasa a formar parte da súper aula "A Sementeira".
O primeiro día de cole todo foron risas e abrazos. Despois de todo o verán sen vernos, tiñamos que poñernos ao día. 
Tivemos unha semana chea de actividades: xogamos no areeiro, coa plastilina nova, ao noso mémori favorito, ás cartas,.... e tamén traballamos un pouquiño.
Agárdanos un ano cheo de cousas divertidas!
 Resultado de imagen de BENVIDA COLE