viernes, 13 de enero de 2017

Agasallos de Reis

Os Reis Magos deixaron unha morea de agasallos na sementeira. Debe ser que nos portamos bastante ben no cole e quixeron recompensarnos.
E como saben que estamos emocionad@s co noso proxecto de arte arredor do mundo, trouxéronnos unha chea de crebacabezas de monumentos bastante famosos (algúns xa os coñecemos e outros os empezamos a investigar). Tamén nos deixaron un xogo para poñer en práctica nosa destreza manual, que é a nova sensación na Sementeira e un xogo de discriminación visual de sombras.
 Estreamos o xogo das cadeiras e pasamos un intre divertidísimo tratando de colocalas unha encima doutra para conseguir formar unha torre sen que caese ningunha.
E sabedes que? en casa de Amaya os Reis deixaron un mémori moi especial sobre monumentos do mundo para todos os nenos e nenas da Sementeira. Vaia sorte !!
O noso primeiro traballo impreso do ano estivo dedicado ás súas maxestades de Oriente. Lembramos o trazo da letra "R" escribíndoo no encerado, copiamos o nome de cada rei e os coloreamos con acuarelas.
Así quedou o noso traballo do martes

E despois de traballar,... a xogar !! 
Cada un, libremente eliximos o xogo; ás veces xogamos sós, outras veces en parella ou en pequeno grupo; temos multitude de opcións na aula para pasar un bo intre pero hai que dicir que os xogos de memoria son os máis solicitados.

martes, 10 de enero de 2017

Aniversarios e máis aniversarios

Que tal a volta das vacacións? Na Sementeira tivemos un luns moi festeiro coa celebración de ... 4 aniversarios !!
LÍA (cumpriu en decembro) e AITANA CITOULA (naceu no verán pero quixo celebralo como se merece na aula) festexaron que xa teñen 4 anos e AMAYA e MAURO, que son os maiores da aula, estaban emocionados por cumprir 5.
gifs de felicidades
Decoraron as súas coroas
 E pousaron felices para a foto
 Mirade con cantas caixas de galletas nos xuntamos para merendar
Tamén apagaron as candeas
 Viñemos con fame das vacacións non vos parece?
E se por iso fose pouco Amaya e Mauro repartiron chuches para tod@s (profes incluídas). Moitas Grazas !!
Tarta