sábado, 4 de febrero de 2017

PAZ 2017




Este luns conmemoramos no cole o Día da Paz e non violencia. Reunímonos tod@s no ximnasio para cantar pola Paz, pois o día non estaba moi apetecible para saír fóra.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 A semana anterior á celebración estivemos cantando a canción de Juanes na aula

 Ao rematar o noso pequeno "concerto",  soltamos unhas pombiñas mensaxeiras de Paz
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 Rematamos a tempo a nosa versión do Guernica de Picasso. O luns pola mañá, aproveitamos para darlle os últimos retoques entre as tres aulas. @s compis que ían rematando a tarefa, pintaron un pouco no cadro.
 
 
 
 
 
 
 E, sabedes unha cousa? o 30 de xaneiro é moi especial para o noso compañeiro Lucas porque é o día do seu aniversario, polo que na Sementeira tivemos dobre celebración. 

 Resultado de imagen de gif animado cumpleaños feliz
Lucas decorou unha coroa estupenda pero a comilona con galletas e reparto de chuches tivo que esperar ao día seguinte pois non  tivemos tempo de máis.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
fotógrafa: Amaya
  Foi un día repleto de emocións
Imagen relacionada


jueves, 2 de febrero de 2017

Un quebracabezas,... MUNDIAL

No recuncho do noso proxecto temos un quebracabezas dun mapa mundi onde aparecen representados moitos dos monumentos máis famosos do mundo. Cando rematamos as tarefas e podemos xogar, é unha das opcións máis solicitadas polos Sementeiros e Sementeiras.
Tamén estreamos o xogo de memoria que nos deixaron os Reis na casa de Amaya