sábado, 10 de junio de 2017

Exposición

Xa temos preparado un recuncho na aula de psicomotricidade no que estamos colocando todas as recreacións que están chegando.
 A última Sementeira en animarse foi CAROLINA convertida na "Moza da perla" de Vermeer.
 
Pasamos un rato moi divertido vendo todas as fotografías e intentando recoñecer aos nosos compañeiros e compañeiras.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Aínda estades a tempo de participar. Animádevos a mandar a vosa recreación !!
Temos tamén dentro do noso particular museo, un recuncho adicado á escultura.
 
 
 
 
O vindeiro martes, con motivo da reunión de pais/nais poderedes disfrutar "en vivo e en directo" do noso MUSEO. Todos os nenos e nenas de Infantil estamos desexando que veñades a visitalo !!

martes, 6 de junio de 2017

Máis Recreacións

Hoxe chegaron novas recreacións pictóricas para a nosa exposición:
 Á obra de René Magritte que elexiu PEDRO MEIJUEIRO non lle faltaba detalle
 PEDRO PÉREZ converteuse no "Cabaleiro da man no peito" do Greco
 AMAYA recreou "As Meninas" de Velázquez con toda a familia como protagonista

E LÍA aproveitou unha escapadiña á praia para recrear unha obra de Sorolla
MOITAS, MOITAS GRAZAS FAMILIAS !!

lunes, 5 de junio de 2017

Recreando Obras de Arte

Hai un tempo que os nenos e nenas da clase de 3 anos están a levar a cabo unha actividade moi divertida nas súas casas a proposta da profe Teté que consiste en recrear unha obra de arte, sacar un foto sendo eles @s propi@s protagonistas e mandala ao cole. Teñen unha gran colección xa na aula. E como nos parece unha proposta xenial decidimos copiarlles a idea; pero necesitamos a vosa axuda na casa. Así que xa sabedes, buscade un cadro ou unha escultura que vos guste e animádevos en familia a recrealo. Facede unha foto e mandádenola prontiño ao cole,... que o curso remata e queremos expoñelas no corredor para que todo o cole as poida disfrutar !
Xa temos as primeiras "Sementeiras" que se animaron e trouxeron auténticas recreacións:
LÍA converteuse na moi distinguida Infanta Margarida de Velázquez
 E PAULA CES está estupenda no seu papel de "La maja vestida" de Goya
Veña,... ANIMÁDEVOS e mandade a vosa obra de arte personalizada !!!

viernes, 2 de junio de 2017

Vincent Van Gogh

Un dos artistas que máis nos gusta na Sementeira é Van Gogh. Temos moitos libros na aula onde saen moitas das súas obras máis coñecidas
 
 
 
 Van Gogh 
Os nenos e nenas da "Pementeira" fixeron unha réplica do cadro "ancián afligido" para o particular museo de Educación Infantil. Quedoulles moi, pero que moi ben !
Anciano afligido
 
 
 
  Na aula gustounos moito o capítulo das 3 mellizas adicado a este pintor