O pasado martes festexamos por todo o alto o Samaín e o Magosto no cole. viñemos terroríficamente caracterizados para disfrutar da festa e pasamos un día cheo de risas e bo humor.
Antes de nada, queremos mostrarvos a decoración que fixemos durante os días previos
E aquí están as fotos máis horripiantes !!
E despois de tanta foto chegou a hora de pasalo ben cos xogos populares que estaban preparados no patio.
| Recibimos a visita dalgún ex sementeiro. Que medo ! |
A merendola non podía faltar. Os nenos e nenas das clases de 3 anos foron os encargados de traer tan suculentos manxares
As castañas tamén estaban moi ricas e disfrutamos moito coméndoas con todos os compis do cole.






























































