miércoles, 10 de enero de 2018

Cuatri-Cumple

Vaia tres días que levamos, porque imos de celebración en celebración na Sementeira. Os aniversarios do mes de decembro e os de xaneiro acumuláronsenos e tivemos festa e máis festa.
Onte Lía celebrou os seus cinco anos, e Amaya e Mauro xa teñen seis
E hoxe a festa foi para celebrar os cinco anos de Paulo

martes, 9 de enero de 2018

De Volta

Xa estamos de volta na Sementeira coas pilas cargadas a tope para facer un montón de cousas no segundo trimestre de curso. Onte ao chegar o tema de conversa xeral era, como non podía ser doutro xeito, os regalos dos Reis Magos; Que si unha Nancy, unha casa con luces, patinetes eléctricos, Súper Mario, libros e xogos de ioga,... Houbo de todo e para todos !
Os Reis Magos antes de marchar a descansar fixeron unha última parada no cole e na nosa clase deixaron un montón de sorpresas: un quebracabezas e un libro lanterna sobre o mar, un xogo de contrarios e 1000 pezas de construcción ! Pois si que nos debemos de portar ben este ano 👼
Aproveitamos o primeiro día para xogar coas cousas novas
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 

 
E na casa de Mauro tamén se acordaron da Sementeira e deixaron tres contos de regalo para a nosa biblioteca de aula !! Mil grazas Maxestades !!

viernes, 5 de enero de 2018

Noite de Reis

Esta noite é unha das máis especiais e máxicas do ano na que sen dúbida todos os sementeiros e sementeiras esperan con enorme ilusión a chegada dos Reis Magos con todos os regalos pedidos nas súas cartas. 
  Antes de marchar de vacacións, Sara e Aitana Citoula usaron o noso buzón máxico para asegurarse de que a súa carta chegaba ao seu destino. 
 
Tamén Paula Ces mandou a súa carta
 Ceade pronto, e antes de ir a durmir deixade a casa preparada para tan especial visita. En primeiro lugar limpade ben os vosos zapatos e colocádeos xunto á árbore de Nadal ou preto da xanela, para que os Reis saiban onde deixar cada agasallo. Non esquezades deixar tres vasos de leite e algúns  doces do Nadal. A noite é moi longa e como teñen tanto traballo, convén que As súas Maxestades poidan repoñer forzas para seguir levando agasallos a todos os fogares. Tamén os camelos teñen que acougar a súa sede, así que é importante deixar na entrada un recipiente cheo de auga para eles. Hai que deitarse moi pronto, confiar na xenerosidade dos magos, e ao espertar… saír despedidos da cama para comprobar que ademais de deixarnos os agasallos, tomaron o leite, o turrón e se non queda auga, será que a beberon os camelos !! E desta forma revivir un ano máis a maxia e a ilusión que os Reis Magos nos regalan cada Nadal. 
Aquí vos deixamos o enlace dun conto moi apropiado para esta noite