O día 8 de marzo conmemórase o Día da Muller Traballadora. Dende o Equipo de actividades complementarias e extraescolares organizouse unha exposición sobre mulleres relevantes na historia e na Sementeira quixemos participar. A muller elexida foi Sylvia Earle.
Sylvia é unha oceanógrafa, científica e activista que leva desde os anos sesenta investigando o mar e a súa relación directa coa vida no planeta.
A súa paixón polo océano vén desde a infancia “O meu patio traseiro era o Golfo de México. Aí foi onde me namorei do océano. Podía velo, oílo, cheiralo, tocalo…” Aos seus oitenta e tres anos leva máis de sete mil horas de inmersión e se ten algo claro é que “sen océano, non hai vida; sen océano, non existimos”.
A súa misión é “tratar de dar coñecer ao mundo o que está a ocorrer nos nosos océanos, porque tras o coñecemento vén a concienciación. Poida que non che importe, aínda que saibas o que ocorre, pero non che pode importar se non o sabes.
O traballo debía conter unha foto da muller homenaxeada e unha caracterización da mesma por parte dalgún compañeiro ou compañeira. O día que fixemos as fotos, Aitana Citoula tivo a sorte de ser a encargada, e a súa foto é a que vai no noso traballo. Colocamos un fondo de pantalla do mar na pantalla dixital, vestimos unha camiseta negra, puxemos un chaleco salvavidas e as gafas de mergullo e,... ata empregamos a fregona para simular a varanda da escada dun barco. O parecido resulta bastante razoable non vos parece? nós pasámolo pipa disfrazándonos de mergulladores.
Este foi o resultado final do noso traballo en equipo
Este venres recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da Pementeira que nos falaron de Miriam Makeba, coñecida tamén como Mamá África, que foi unha cantante sudafricana e activista polos dereitos humáns. Explicáronnos que Miriam foi un símbolo da loita contra o apartheid.
Nós aproveitamos para contarlle tamén aos nenos e nenas da clase de catro anos todo o aprendido sobre Sylvia Earle.
Despois todos xuntos colocamos os nosos carteis e inauguramos a exposición.
Queda pois, oficialmente inaugurada a exposición que conmemora o Día da Muller Traballadora. Xa estamos desexando que se encha de carteis para visitala.