lunes, 21 de enero de 2013

Ups...

Hoxe pola mañán cando chegamos á nosa clase levamos unha desilusión porque a nosa magnífica Torre Camellón estaba,... bueno, mellor mirade, mirade...
Ohhhhhhhh

Pero como somos tod@s moi optimistas pronto lle buscamos unha solución e chamamos a... Manolo!!!!!! porque os técnicos do concello non nos collían o teléfono ;)
Manolo axudaranos a endereitala.

Dedo Pintor en acción

Hoxe pola tarde estivemos pintando uns corazóns para decorar o corredor do cole

Estivemos moi concentrados na actividade

Préstamo de Libros

Pronto empezará a funcionar na Sementeira o servizo de préstamo de libros da biblioteca de aula.
Pero antes temos que encher a nosa biblioteca de contos que teñan ganas de viaxar. Así que temos que buscar un conto na nosa casa para compartir con tod@s @s compañeir@s e traelo ao cole.
A profe enviará unha nota explicando polo miúdo esta nova actividade, para poder así empezar canto antes a levar un conto para a nosa casa durante a fin de semana.

Na clase aproveitaremos para coñecer un pouco mellor o funcionamento dunha biblioteca, visitaremos a do cole e a súa mascota, estableceremos unha serie de normas para poder levar un conto para casa,... en fín que estaremos moi ocupad@s enredando cos libros.

Traballando a PAZ

As tres aulas de Educación Infantil estamos levando a cabo un pequeno traballo sobre a PAZ de xeito conxunto. O Paseo do Espolón, a Pementeira e a Sementeira estamos enfrascados na nosa tarefa e pronto poderedes ver o resultado. Non queremos darvos pistas, así que de momento teredes que conformarvos con estas fotos e ir pensando o que estamos a facer. 
Levamos a cabo esta actividade en diferentes sesións.
UN DÍA PEGAMOS ALGODÓN 

 OUTRO DÍA PEGAMOS... BOTÓNS!!
E COMO AÍNDA TIÑAMOS MÁIS GANAS DE TRABALLAR,
 TAMÉN PEGAMOS... MOLDES DE MADALENAS!!

 Seguro que xa tedes algunha idea do que estamos a facer, verdade?


Aniversario de PABLO

Esto é un non parar. 
Hoxe tivemos outro cumple na aula. 
Esta vez tocoulle apagar as velas a
PABLO
MOITAS FELICIDADES!!

a mesa das larpeiradas preparada


Do biscoito que fixo a mami de Pablo, non quedaron nin as migas
mmmmmm.....

sábado, 19 de enero de 2013

ROI xa ten 4 Anos!

o noso compañeiro ROI estivo de aniversario esta semana e xa ten...
ANOS
¡MOITAS FELICIDADES!
Fixo unha coroa e soprou as velas acompañado de todos os sementeiros e sementeiras, que deron boa conta dunha morea de galletas.




viernes, 18 de enero de 2013

MariPAZ

Este é un dos contos que temos na mesa de Contos da PAZ
  
LA PALOMA MARI PAZ
La paloma Mari Paz (SM, colección "Cuentos de ahora"). Reseña:
Unha flor brota na metade da sabana africana e todos os animais queren ser os seus donos: o elefante, a xirafa, o crocodilo, o mono, o hipopótamo, a avestruz,... O conflicto non tarda en xurdir. Menos mal que aparece Mari Paz para arranxalo todo. Un divertido conto en verso que fala da PAZ aos máis pequechos. 

Mari Paz gustounos tanto que decidimos facer as nosas propias pombiñas da PAZ
Primeiro deixamos as nosas pegadas para facerlle o corpo
Unha vez secas, pegamos un gomet como pico e un ollo ¡que se movía!
 Tampouco nos esquecemos das patas

 E XA TEMOS LISTAS AS NOSAS POMBIÑAS MARI PAZ
 PRONTO DECORARÁN O CORREDOR DO NOSO COLE