Como xa sabedes, na aula gústanos moito o conto de "Corre, corre, cabaciña". Esta semana fixemos as nosas cabaciñas con patas. Mirade o bonitas que nos quedaron:
Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 3 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
sábado, 26 de octubre de 2013
Sarabia
O martes antes de ir a comer caeu unha gran sarabiada en Padrón
E os nenos e nenas da Sementeira quedamos abraiad@s
domingo, 20 de octubre de 2013
¡ SAMAÍN !
Xa se achega a primeira celebración do curso: o SAMAÍN
Como xa sabedes tod@s @s que seguides as nosas andainas, somos unha clase moi festeira e tamén moi larpeira. E como o Samaín xa está moi cerca no calendario a nosa clase encheuse o venres dun montón de sorpresas e larpeiradas moi especiais.
Pablo Piñeiro trouxo uns chupas terroríficos
Daniela trouxo unhas cabaciñas cheas de chocolatinas
Pablo Miguéns fixo coa axuda de mami unhas arañas riquísimas
Fixemos unha visita polas aulas de infantil e as profes quedaron abraiadas co noso cociñeiro
Xoel tamén trouxo unha sorpresa: ¡música terrorífica!
Agora cando traballamos temos de banda sonora ruído de pantasmas, bruxas, esqueletos,....
¡Moitas grazas a todas as familias dos nosos compañeiros por estas achegas!
Pasamos unha tarde moi entretida
O corredor de infantil tamén se quere unir á celebración e entre todas as clases estamos a decoralo para cando chegue o día da festa; temos un montón de teas de araña, bruxas de todas as formas e cores, pantasmas, gatos negros, cabazas misteriosas,.... Mirade o terrorífico que nos está a quedar
Como podedes ver, este ano o corredor de infantil... ¡ mete medo !
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























































































