Rematamos a nosa etapa en infantil e, como marchamos para primaria, decidimos facer unha pequena visita aos nenos e nenas de primeiro para que nos contaran algunha cousiña do que nos espera cando nos incorporemos ao cole en setembro. Contáronnos que temos que usar libros, traer un estuche e libretas, que poderemos xogar coa plasti,... pero o que máis nos gustou foi que por fin poderemos traer unha mochila de rodas!!
Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 3 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
lunes, 29 de junio de 2015
Rematando o proxecto...
Os últimos días de cole aproveitamos para rematar o noso proxecto anual sobre o espazo "Viaje por el universo".
Lembrade que no "pen" levamos para casa unha presentación en power point que recolle moitas das actividades que levamos a cabo durante todo este tempo.
Tiñamos pendente colgar as fotos dunha visita moi especial que recibimos na Sementeira unha día pola mañá; os nenos e nenas da clase da Pementeira tiñan un robot que mandaron en misión exploratoria ata os nosos dominios
Menos mal que viñan en son de paz!
Os nenos e nenas de 4º de primaria visitaron a nosa aula para ver todos os nosos traballos sobre o proxecto e alí demostramos que manexamos un montón de información espacial.
Puxemos un punto e final moi doce pois degustamos a comida espacial que trouxera o noso compañeiro Xoel; xeado espacial para tod@s!!
Taller de Modelaxe
Antes de rematar a nosa andadura por infantil tivemos a sorte de contar coa visita de Camilo, o papá da nosa compañeira Carmen. Xa todos coñecemos a súa profesión pois a nosa aula leva o nome dunha das súas esculturas e tiñamos moitas ganas dunha clase práctica onde poñer en uso os consellos dun experto escultor coma él. Moitas, moitas grazas Camilo pola túa voa disposición para desenvolver esta actividade!
Aquí están as fotos da actividade que se levou a cabo con todas as aulas de educación Infantil
Unha maleta chea de sorpresas
Antes de rematar o cole recibimos na aula unha visita inesperada
NURIA, a mamá de ALEJANDRO chegou disposta a facernos pasar un rato moi divertido.
Traía unha maleta misteriosa chea de cousas.
O primeiro que sacou dela foi unha botella de auga pois, como ela mesmo dixo, é moi importante hidratarse antes de contar un conto!
Nuria traía un conto titulado "JUAN SIN MIEDO" e unhas gafas especiais para ler. Pero tiña un problema.... esas gafas soamente lían en alemán! Entón pediunos que fixésemos tod@s maxia para poder ler o conto en castelán.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



































































