Este martes iniciamos unha nova actividade na Sementeira pois XOGAMOS A PENSAR. Está pensada para levar a cabo ao longo do que queda de curso. Cada semana ou cada quince días trataremos de realizar unha sesión na aula.
O obxectivo principal que se persegue con este pequeno proxecto é que todos os nenos e nenas pensen e falen razoablemente ao mesmo tempo que se converten en seres máis reflexivos e atentos ao discurso dos demais.
Cando xogamos a pensar estamos favorecendo:
-
A expresión oral (porque o pensamento exprésase a través da linguaxe).
-
Considerar diferentes prespectivas.
-
Os hábitos e normas de diálogo en grupo.
- A observación, a imaxinación e a reflexión.
- Expresar as nosas opinións e argumentar as afirmacións.
-
Falar e escoitar.
-
Comparar unhas ideas con outras.
Formular hipóteses e conceptos precisos.
Buscar alternativas. -
A primeira sesión virou en torno ao cadro de Salvador Dalí "Muchacha en la Ventana". O cadro estaba modificado pois faltáballe a paisaxase que se ve pola xanela.A primeira pregunta foi: que pensades que está a mirar esa rapaza pola xanela?Pasámolo moi ben dando un montón de respostas que nos levaron a facernos máis preguntas. O resultado completo da sesión poderédelo ler no libro que recompilará todas as sesións.Coñecemos tamén o nome dun novo pintor; nin máis nin menos que Salvador Dalí.
Agora "Muchacha en la Ventana" ocupa un lugar moi especial na aula. Todos os días o encargado ou encargada comproba o tempo que fai a través do cadro de Dalí para poder colocalo no panel.












































































































