sábado, 24 de febrero de 2018

Rosalía de Castro

Hoxe, 24 de febreiro, conmemórase o 181 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Durante a semana na Sementeira estivemos traballando sobre a escritora e coñecendo un pouco da súa vida e obra. Con todo o aprendido fixemos un libro viaxeiro.


Pedro foi o primeiro en levalo para casa
O luns pintamos unhas flores para regalarlle no día do seu aniversario.
FELICIDADES ROSALÍA !!

viernes, 23 de febrero de 2018

Ioga

Un mércores máis tivemos a nosa sesión semanal de ioga. Xa fai tempo que non colgamos fotos desta actividade e temos algunhas que ensinarvos. Perfeccionar as asanas aprendidas e practicar outras novas sempre é benvido na Sementeira.
Onte estreamos Yoga con Yoguitos, un xogo que contribúe a gozar dos beneficios mentais e físicos de Ioga.
 Primeiro inventamos unha historia coas tarxetas do xogo (e non sabedes as risas que botamos co conto improvisado); despois tratamos de facer varias asanas novas: a ponte, o cisne, o teléfono,...

Terminamos a sesión relaxándonos e descansando como pedras
Para rematar, querémosvos ensinar as fotos da sesión familiar de ioga da nosa compañeira Claudia