viernes, 22 de febrero de 2019

Merlín, Ninfa e,... Aniversario

Esta semana ser encargad@ tiña un aliciente extra pois podemos converternos nunha ninfa dos bosques ou no todopoderoso Merlín; soamente había que escoller personaxe e,... a disfrutar de ser encargad@ e do mes do entroido !
O luns Izan converteuse en Merlín
 O martes foi o turno de Olivia, que tamén escolleu o disfraz de Merlín.
 O mércores Carlota converteuse en Ninfa dos bosques.
O xoves Ainara tamén quixo ser Ninfa.
E hoxe venres, foi o turno da Ninfa Aroa.
Este Domingo conmemórase  o nacemento de Rosalía de Castro.
No cole fixemos varias actividades para festexar esta data e hoxe na asamblea estivemos curioseando en internet e descubrimos que en Padrón podemos visitar a súa Casa Museo. Alba e Alberto contaron que eles xa a visitaron. O que sí coñeciamos todos é a estatua do Paseo do Espolón.

 FELIZ ANIVERSARIO ROSALÍA DE CASTRO

lunes, 18 de febrero de 2019

O Xardín das Hespérides

Na porta da nosa aula  temos nada máis e nada menos que o Xardín das Hespérides. 
Non lle falta detalle pois está Hera, as Hespérides e ata o mesmo dragón que custodia a maceira de mazás douradas que proporcionan a inmortalidade a quen as come. Tamén temos a mazá da discordia que, segundo a mitoloxía grega, a deusa Eris destinou ‘para a máis fermosa’ na voda de Peleo e Tetis, provocando unha disputa entre Hera, Atenea e Afrodita que terminaría levando á Guerra de Troia. 
 
Fixemos a nosa árbore pintando papel de periódico enroscado; para as mazás douradas tivemos un pequeno problema pois en principio pintamos bolas de porispán con sprai dourado pero desfixéronse e tivemos que buscar outra altenartiva polo que as pintamos con pintura dourada e lles botamos purpurina. 
As mazás dourdadas da inmortalidade
A mazá da discordia "para a máis fermosa"
Pintamos con pinceis e témperas a Ladón, o dragón que custodia a maceira.
E fixemos uns paneis informativos sobre o Xardín. 
 O Xardín das Hespérides era o horto de Hera, a esposa de Zeus; Os nenos e nenas da clase de 3 anos teñen a súa porta decorada con esta deusa e fixémoslle unha visita para vela.
Levounos o seu tempo pero por fín podemos disfrutar do noso Xardín das Hespérides. Pedide aos Sementeiros e Sementeiras que vos conten os detalles da historia deste xardín tan especial.
E sabedes unha cousa? contamos con axuda extra para protexer o noso xardín de todos aqueles que queiran roubarnos as mazás da inmortalidade pois un Unicornio vixía todos os días que non pase nada malo.
Este xoves recibimos a visita dos compis de 4º coa súa profe Xela, xa que aproveitando que eles tamén están estudando a mitoloxía, viñeron a representar varios mitos gregos.

viernes, 15 de febrero de 2019

Love

Canto amor se respira estos días grazas a San Valentín. 

Aproveitamos o 14 de febreiro para preguntarnos que é iso do amor e parece ser que Cupido aínda ten algo de traballo con nós porque non temos moi claro o que sentimos cando estamos namorad@s. Aquí están as nosas respostas.
 Temos algo máis claro de quen estamos namorad@s

Fixemos un bonito corazón e decidimos a quen regalarllo

















Xa temos a nosa xanela "Peace and Love" rematada e esta semana aproveitamos o bo tempo para sacar unha foto.
Aproveitamos esta entrada no blogue para contarvos que  hoxe estivemos de estrea. A nosa encargada converteuse nunha preciosa ninfa que parécenos que vén dereitiña do Xardín das Hespérides a coidar a nosa maceira máis especial.
A nosa maceira coas mazás douradas da inmortalidade


Preguntade na casa  que outro personaxe pode aparecer cando somos encargados😊