domingo, 8 de diciembre de 2019

Reciclamos

Na Sementeira cada día estamos máis comprometid@s co coidado do medio ambiente.
 Despois de ler este conto que temos na biblioteca de aula, buscamos información en internet para aprender a separar os residuos.
 Firmamos unha pancarta comprometéndonos a coidar do Planeta Terra.
Temos tres contenedores na aula: amarelo, azul e composteiro. No recreo levamos as sobras da merenda ao composteiro que está no patio.
Fimalmente recollimos o aprendido nunha ficha.

viernes, 6 de diciembre de 2019

Lóxica-matemática

A lóxica-matemática tamén ten cabida na Sementeira. Sumas, restas, a serie numérica, asociacións,.... e moitos outros conceptos que traballamos como máis nos gusta, xogando !
Colocamos no chan unha recta numérica ata o número 100. Estivemos contando cantos bichos e pedras preciosas temos. E na hora do xogo, houbo quen se entretivo contando as pezas de construcción.