martes, 18 de febrero de 2020

Nariz

Segunda manda do Meco,... todo o mundo co nariz pintado !
Mañá calcetíns de cores nos pés.

lunes, 17 de febrero de 2020

Meco 2020

Empezamos a semana de Entroido !
O Meco mandaba vir coa roupa do revés e pasámolo moi ben poñendo tamén o mandilón e o abrigo dese xeito no patio.
E mañá non hai que vir disfrazados pero temos que traer o nariz pintado !

viernes, 14 de febrero de 2020

Amor

Canto amor se respira estes días na Sementeira !
💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓
Falamos do que era, de como nos fai sentir,... lemos poemas e contos, e disfrutamos moito con algunha que outra sorpresa 💖💗💕
Carlota trouxo corazóns para todos os compis e profes. Moitas grazas !
E para rematar a semana larpeirada para tod@s !
Por certo, lembrade que o próximo luns empezan as Mandas do Meco. Este ano organizouse un concurso para escollelas e catro dos Sementeiros animáronse a participar. Moitas grazas !

                Para ir abrindo boca IZAN e PAULA trouxeron orellas feitas por eles mesmos. Estaban deliciosas.
PAULA está feita unha reposteira de primeira categoría e tamén nos deleitou cunhas ricas galletas.
LEMBRADE:
 O LUNS comeza o Entroido no cole e temos que vir,... COA ROUPA DO REVÉS !