martes, 24 de marzo de 2020

Contos

E se hoxe contamos un conto?
A continuación déixovos unha serie de actividades que podedes facer na casa relacionadas co conto



Temos novas actualizacións en PT e Inglés:
Actividades para a estimulación da linguaxe oral
Actividades de Ingés

lunes, 23 de marzo de 2020

Falamos?

Ola a tod@s ! Estamos a vivir semanas difíciles que modifican por completo as nosas vidas. Espero que o esteades levando o mellor posible dentro do que cabe💪. Toca armarse de paciencia e confiar en que pronto sairemos desta. Se queredes poñervos en contacto conmigo, podedes empregar a seguinte dirección de correo electrónico:
aulasementeira@gmail.com
Serviranos de canle para falar de calquera dúbida que se vos presente sobre como afrontar académicamente estes días na casa dun xeito máis individualizado, poderemos compartir actividades que estades a facer cos nenos-as nas casas, fotos (se queredes subiranse ao blog), ideas e propostas novas para, entre tod@s, levar da mellor maneira posible estas semanas de confinamento.
Na páxina web do centro están os correos electrónicos do profesorado. Periódicamente subirase material para que poidades aproveitalo na casa (psicomotricidade, inglés, estimulación da linguaxe oral,...). Eu seguireino facendo como ata o de agora, a través do blog de aula (as actividades están agrupadas baixo a etiqueta #euquedonacasa).
No lateral do blog tendes os enlaces tanto á web do centro coma aos blogs das aulas.
Falamos e estamos en contacto
😘

Inventando Historias

Temos uns dados novos na aula. Pero esta vez non son para practicar a lóxica-matemática senón que nos axudarán a inventar historias.
 Inventar historias, entre outras moitas cousas, favorece a nosa creatividade, estimula a nosa imaxinación, desperta o interés pola lectura, axuda a interiorizar a construcción de frases e ao xogar en grupo, tamén a respetar as ideas que aportan os compañeiros-as.
O día que os usamos por primeira vez, Cris era a encargada e tivo a sorte de poder botar os dados.
Entre tod@s inventamos unha historia.
E para rematar, ilustrámola.
Xogamos a inventar historias?
Descargade o pdf para montar os dados! e por se os Sementeiros e Sementeiras se animan, tamén hai algunha tarefa escrita😊

viernes, 20 de marzo de 2020

Grafismos

Seguimos traballando na aula o perfeccionamento de diferentes trazos.
Esta vez empregamos acuarelas e brocha para pintar nun folio.
 
 
Aproveitamos para aprender a distinguir as cores cálidas das frías.

Despois en cada franxa de cor tivemos que realizar os grafismos que nos apeteceran.
 Este foi o resultado.
A Ruleta dos Trazos é unha ferramenta para desenvolver o grafismo dun xeito un pouco máis ameno e creativo.
Xogamos na casa?
Os trazos poden realizarse sobre distintos soportes (papel, cartón, area, fariña, no chan,...) e con distintos elementos (pinceis, lápices, rotuladores, o dedo, un pao, palillos,...)
Déixovos a ruleta en pdf por se queredes imprimila😉


miércoles, 18 de marzo de 2020

Respira

Hoxe mércores toca sesión de ioga. 
Que vos parece se facemos un pouco de PRANAYAMA? exercicios respiratorios que conducen á concentración e control da enerxía.
Axudarémonos do conto "Respira"