jueves, 29 de octubre de 2020

Preparad@s para a festa?

 Mañá festexamos a terrorífica festa do Samaín. 

Na Sementeira xa o temos todo preparado para pasalo,... de medo !






Rematado o prazo de participación no concurso de cabazas soamente queda agradecer a todos os participantes a súa creatividade e interese na actividade. Moitas grazas ! Pronto saberemos os gañadores e gañadoras do concurso.

BRUNO E " QUE A NOITE NOS PROTEXA"


SABELA, LAURA E INÉS CON "PERSOAL AO RESCATE"


GABRIEL E A SÚA "CALABAZA MURCIÉLAGO"


AMELIA CON "XUNTOS CONTRA O BICHO"

 ADÁN CON "COOPERA BOO!"



 

Lembrade que non é necesario que os nenos e nenas traian o mandilón, pero sí a mochila coa merenda e unha botella ou cantimplora de auga.

Procurade que os disfraces teñan poucos complementos para evitar que poidan compartilos, e que veñan cómodos e cómodas. Trátase de pasalo moi ben !

 Vémonos mañán !

martes, 27 de octubre de 2020

Piñas e Follas

 Aproveitando que cando nos toca o recreo no patio de atrás un dos nosos enredos favoritos é o de recoller as follas que van caendo das árbores, e que na aula tiñamos unhas piñas, preparamos unha mesa sensorial moi otoñal

 O día que atopamos cogomelos foi todo un acontecemento



Mentras xogamos estamos traballando na discriminación visual dalgunhas letras do abecedario (de feito agora no momento en que disfrutamos libremente dos conto atopamos moitas letras que xa coñecemos, sobre todo as dos nosos nomes😉), interiorizamos e incorporamos ao noso vocabulario novas palabras en galego, traballamos a motricidade fina que nos axuda a afianzar a nosa lateralidade, tratamos de manternos concentrados e concentradas na realización da actividade e de esforzarnos por rematala e facela ben,...

 
O vindeiro venres día 30 celebraremos no cole a festa do Samaín. Este ano terá que ser un acontecemento limitado ás aulas pois as circunstancias non nos deixan organizar moitas das actividades que por tradición se fan no centro. De todos xeitos non queremos deixar de festexalo polo que os nenos e nenas poderán vir terroríficamente disfrazados ese día. Procurade non envialos con complementos (para evitar que os compartan) e non pintarlle a cara (para evitar que moleste en exceso a mascarilla).

jueves, 22 de octubre de 2020

Samaín

 Xa se achega unha das festas máis terroríficas do ano e na Sementeira estamos facendo algunhas actividades relacionadas con esta celebración de orixe celta. Contamos contos, bailamos e cantamos cancións, realizamos manualidades, aprendemos novo vocabulario,...


Esta semana coñecemos unha bruxa moi simpática á que lle pasan cousas moi divertidas; o seu gato chámase Bruno e iso fíxonos moita gracia pois nós tamén temos ao noso propio Bruno 😉

 

A canción do monstro na lavadora é a nosa preferida estes días


Disfrutamos moito bailando esta outra


Despois de escoitar este conto decidimos non ir merendar nunca á casa dunha bruxa

Algunhas das propostas voluntarias que os nenos e nenas poden atopar estes días nos recunchos están enfocadas a traballar o vocabulario temático e a reforzar a aprendizaxe e discriminación dalgunhas das letras do abecedario. 











 











Tamén se introduxo unha actividade onde deben realizar unha serie de tres elementos.









O equipo de actividades extraescolares do cole organiza un concurso de cabazas. Este ano non podemos disfrutar dunha exposición no cole polo que vos pedimos a vosa participación a través das fotografías que nos enviedes ao correo electrónico extraescolarespadron@gmail.com

Animádevos a participar !


Hoxe falamos na clase do concurso e tamén de que o día da festa poderemos vir ao cole disfrazados e disfrazadas. Ide pensando un disfraz terrorífico para ese día 😉👻