miércoles, 15 de septiembre de 2021

Estreamos Patio

 Os nenos e nenas de Educación Infantil do Rosalía estamos de estrea; ao longo do verán leváronse a cabo algunhas melloras por parte do Concello na zona de recreo e agora temos un areeiro en condicións e columpios novos. 










jueves, 9 de septiembre de 2021

Benvid@s

  E chegou o momento ! tod@s de volta no cole ! hoxe foi un día de reencontros e moitas emocións. Na Sementeira presentamos aos novos compis e falamos do nome da nosa clase (tod@s ubicaron a estatua que da nome á nosa aula porque, según dixeron moit@s, está cerca dun bar ao que van con seus pais 😆), curioseamos polos recunchos de xogo,  merendamos en equipo, disfrutamos do patio e falamos, e falamos, e falamos,...😉







miércoles, 8 de septiembre de 2021

Empezamos

 Aquí estamos de volta despois do verán e con cambios significativos no grupo pois pasamos a ser unha aula mixta con alumnado de 4 e 5 anos.

Xa está todo preparado para dar mañá a venvida aos peques que este ano compartirán experiencias na Sementeira.




 

BENVID@S AO CURSO 2021/22



martes, 22 de junio de 2021

Festival de Fin de Curso

 Hoxe poñemos punto e final ao curso escolar 2020/21 e, en circunstancias normais sería o día do festival. Pero,... pensades que imos quedar sen  unha actuación que poña un broche de ouro a este ano tan especial? claro que non ! Os nenos e nenas de Educación Infantil quixemos festexar por todo o alto o ter superado este curso e a chegada das vacacións bailando a nosa particular "Funky Fiesta"

Ahí vai a nosa actuación. Esperamos que a disfrutedes !



lunes, 21 de junio de 2021

Arco da Vella

 Un dos xogos estrela na Sementeira este trimestre foi o arco da vella "Waldorf", que está formado por arcos independientes de diferentes tamaños que encaixan entre sí un dentro doutro. Manipulándoo gañamos destreza e coordinación, e traballamos conceptos complexos coma o equilibrio, a simetría e a resistencia.

Lenvamos a cabo actividades de xogo libre (individuais, en equipo, en parella,...) e actividades dirixidadas coma o debuxo que podedes ver a continuación.


















































Nas seguintes fotografías podedes ver o ben que o pasamos co arco da vella