domingo, 17 de octubre de 2021

O Gato Bruno

Xa se achega o Samaín e na Sementeira estamos empezando a facer algunhas actividades relacionadas con esta temática.

Temos varias cancións que nos encantan. Ahí van os enlaces para que as disfrutedes tamén na casa



 O venres contamos o conto "La bruja Brunilda" e despois debuxamos ao gato Bruno (protagonista da historia) tomando como referencia a ilustración do conto










O venres foi un día especial pois Adrián contounos emocionado que xa nacera a súa irmá e decidimos facerlle un pequeno agasallo. PARABÉNS !




Aproveito esta entrada para amosarvos algúns dos xogos que temos nos recunchos e cos que enredamos estes últimos días; traballamos e reforzamos a serie numérica, motricidade fina, creatividade, lectoescritura, lateralidade,... de xeito lúdico e manipulativo