Hoxe é un día sinalado no calendario; conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Na Sementeira coñecemos a Elina Chauvet
Inspirándonos na súa obra "Zapatos Rojos" fixemos un pequeno mural co que queremos expresar o noso rexeitamento a todo tipo de violencia
A sorte decidiu o zapato a pintar pois a cor estaba clara
A sesión de ioga foi tamén especial. Falamos dos MANDALAS, palabra que significa "roda ou círculo" en sánscrito e que ten a súa orixe na India
Creamos mandalas cos nosos corpos
Onte montamos a árbore e puxémoslle luces. Agora temos que decorala
Como non podía ser doutro xeito o conto de hoxe tiña que ser da caixa violeta
Escollemos para ler a páxina adicada á mamá do Rei Gaspar; descubrimos que lle gusta moito a astronomía e chegamos á conclusión de que este Rei Mago utiliza o seu telescopio para vixiar o comportamento dos nenos e nenas 😉 Tamén falamos do incienso, presente no conto, e encendemos a nosa propia barra de incienso