Introducimos unha nova rutina na hora do panel. O encargado ou encargada escolle unha casiña de números e entre todos compoñemos a serie numérica. Estamos empezando a traballar os números ata o cen polo que temos casiñas dende o cero ata o noventa. Esta nova actividade foi moi ben acollida na Sementeira.
Seguimos facendo xogos en grupo. Interiorizamos o concepto da suma xogando cos dados.
Lembrades a Matrioshka que temos na aula? Xa non está sola porque Icía e Violeta trouxeron as súas da casa. Grazas !
O venres pasado, unha vez rematadas as tarefas, estivemos xogando nos recunchos
levamos para casa o primeiro exemplar de Novas de Infantil do curso. Recibímolo con moita ledicia !
De seguro que na casa xa vos contaron que estamos aprendendo unha morea de cousas sobre os Beatles. Temos un mémori que pasou a ser o xogo favorito dos Sementeiros e Sementeiras
Hoxe antes de ir a comer estiveron xogando por equipos
Xa decidiron que mañán despois do panel van a volver a xogar
😉