martes, 21 de junio de 2022

Últimos Días

 Pois case sen darnos conta, chegamos ao remate dun novo curso escolar; na Sementeira xa temos todos os nosos traballos preparados para levar para casa; o periódico do trimestre tamén está xa nas nosas mans e onte disfrutamos del antes de levalo mañá para compartir coas familias






Hoxe xogamos en gran grupo


























E tamén tivemos tempo de xogar unha partida a un mémori de xeados para darlle a benvida ao verán



Mañá poñemos punto e final ao curso 2021-22 e queremos facelo por todo o alto; disfrutaremos da actuación dun mago, despediremos aos compis que marchan para primaria e merendaremos tod@s xunt@s (non é necesario que traian merenda nin mandilón)

E que mellor ocasión para estrear as nosas novas camisetas?









domingo, 19 de junio de 2022

Remate Final

 Pois xa estamos a piques de rematar este último trimestre do curso e toca preparar portadas e bolsas para levar os nosos traballos para casa. A bolsa decorámola con grafismos e unhas fantásticas gafas de sol para darlle a benvida ao verán






















































A portada dos nosos traballos impresos está protagonizada por ricos xeados dos máis variados sabores
























Merendamos de picnic e repoñemos forzas para seguir traballando



































Estamos aproveitando o tempo ao máximo e disfrutando dos últimos días de xogo na aula e no patio

























 



















 
 
O pasado xoves visitamos aos compis de 2º de primaria, que nos explicaron unha morea de cousas sobre as árbores









 Unha carreira de rás é a escusa perfecta para pasar un rato divertido e, de paso,  aprender que se perdemos non pasa nada pois debemos darlle máis importancia ao momento que estamos a disfrutar mentres xogamos e  tratar de aceptar as cousas como pasen, que ao feito de quedar primeiros-as





























Por certo, temos unha porta que está causando sensación😀