A nosa última secuencia didáctica en Educación Infantil tivo como protagonista ao Principiño.
O Principiño é unha filosofía de vida, unha proposta para encarar a túa
vida dunha forma positiva e cargada de valores.
A través da historia de Antoine de Saint-Exupéry traballamos a importancia da amizade e o poder de valores como a gratitude ou a aceptación dos demais, así como sentir curiosidade por experimentar e investigar acerca dos distintos elementos que conforman a historia como volcáns, animais, os desertos ou os planetas. Reforzamos contidos relacionados coa lóxica-matemática (restas, decena e docena) e a lectoescritura (identificación de palabras, lectura comprensiva de frases sinxelas e palabras soltas, construción de palabras) xogando coas diferentes propostas (dúas de carácter obrigatorio) que tivemos na aula ao longo de máis de dúas semanas.












































































































