Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 3 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
Empezamos por contarvos todo o que fixemos para a celebración
do Día das Letras Galegas. Este ano estiveron adicadas ascantareiras e a poesía popular oral, representadas por Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido e Manuela Lema.
Esta homenaxe buscaba poñer en valor o labor dunhas mulleres que foron as gardiás da nosa lingua e cultura popular, transmitida por medio de cantigas e bailes. Porque non hai un pobo máis vivo que un pobo que CANTE o que lle ocorre.
A RAG tamén quería premiar o labor de recollida, que consistía en ir polas vilas e aldeas do país escoitando as pezas das cantareiras e pandeireteiras para logo poder rexistralas e que non se perdesen na memoria.
Na Sementeira preguntámonos polo significado da palabra CANTAREIRA, e estas foron as respostas
Estamos rematando unha actividade impresa grupal para valorar a
importancia da figura das cantareiras na nosa cultura popular pois “Foron creadoras e transmisoras de arte e beleza a pesar da vida difícil que lles tocou vivir”. Pronto vos amosaremos a nosa pequena homenaxe a estas grandes mulleres.
Nas aulas de infantil preparamos en
colaboración coa profe Blanca (mestra especialista de música do cole) un
poema musicado. Primeiro aprendemos a canción e fixemos un mural que
decora a aula de usos múltiples,...
E visitounos a profe Blanca vestida de cantareira, para cantar connosco "Vaia lea de plumas"
E iso non foi todo porque Blanca agasallounos con panderetas para tod@s!
Moitas grazas profe Blanca!
Disfrutamos dun concerto co resto de compañeiros e compañeiras do cole a cargo da Asociación Cultural Arreixeira, que nos visitaron grazas á invitación da ANPA. Pasámolo moi ben cantando e bailando!
Hoxe festexamos o 50 aniversario do noso colexio. Cantamos ao ritmo de BRAIS DAS HORTAS, disfrutamos dos inchables e merendamos tod@s xunt@s
Entre festa e festa levamos para casa o noso exemplar de "Novas de Infantil", o periódico que recolle moitas das actividades levadas a cabo durante o segundo trimestre. Sempre é un gusto botarlle un ollo
E mañán a Padrón para disfrutar do Teatro. Como nos gusta a troula!