lunes, 9 de diciembre de 2013

Doña Pitu Piturra

Este é o título dun dos poemas máis coñecidos de Gloria Fuertes e quixemos traballalo na aula. Foi unha actividade que dividimos en dúas sesións.
Estamos traballando as diferentes partes dun poema e, desta volta, na primeira sesión e despois de aprender o poema,  tocou traballar coas estrofas.
O primeiro que fixemos foi rodear cada estrofa do poema e buscar unha palabra significativa en cada unha: "guantes, sombrero, zapato". Despois debuxamos as prendas de roupa en Pitu Piturra e copiamos as palabras do encerado.
 Na segunda sesión vestimos como é debido á protagonista do poema. Coloreamos os debuxos, picamos cada prenda de vestir e pegámola no seu sitio correspondente.
Este foi o resultado final. "Doña Pitu Piturra" ten un lugar destacado dentro do noso recuncho de Gloria Fuertes.

1 comentario: