martes, 17 de diciembre de 2013

¡Vaia Sorpresa!

Hoxe pola mañán trouxeron ata a nosa clase un paquete moi especial acompañado dunha postal. Os papás de XOEL quixeron felicitarnos as festas e fixéronnos un regalo que recibimos con moito cariño. Moitas grazas papis!
 Os encargados do día e Xoel foron os elexidos para abrir o paquete
 Dentro había un montón de sorpresas: pegatinas de nadal e de animais, e tamén chocolatinas de Papá Noel. ¡Encantounos!
 As chocolatinas estaban ricas, ricas,...
 Xa temos unha nova postal (tamén con música) no noso recuncho do carteiro
Moitas grazas de novo, papis de Xoel

No hay comentarios:

Publicar un comentario