domingo, 2 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014

O venres 28 festexamos por todo o alto o Entroido no cole.
Disfrutamos un montón do Festival que tiñamos preparado (foi unha mágoa que o tempo non acompañase para celebralo fóra e así compartilo con todas as familias)
A temática común este ano no cole eran as personaxes de contos. Houbo de todo: carapuchiñas, lobos, pitufos,  pitufinas, dálmatas,... 
En infantil as personaxes dos contos debían ter relación coa Idade Media. Tiñamos un montón de cabaleiros, damas, algún Robin Hood, un Don Quixote,....
Dentro do noso castelo respirábase auténtico ambiente medieval.
Unha vez máis, moitas grazas familias pola vosa implicación tanto na temática dos disfraces como nas aportacións para a merendola de entroido.
Antes de ir para o Festival tivemos tempo de sacar unhas fotos de recordo. Cada Sementeiro e Sementeira escolleu a porta do castelo onde se quería retratar

Tivemos tempo de sacar algunha foto máis en equipo no Patio de Armas do noso castelo
E chegou o momento do Festival. Actuamos de primeiros. Os ensaios deron os seus froitos e tivemos unha actuación casi perfecta. Este vídeo recolle a parte final da nosa danza.



O vídeo coa danza completa enviaréivolo no Pen (porque non son capaz de colgalo  no blogue)
Despois, máis relaxados, disfrutamos das actuacións dos compañeiros e compañeiras de primaria
 
Unha vez rematado o festival dispuxémonos a disfrutar da tradicional MERENDOLA DE ENTROIDO
Antes de rematar o día aínda tivemos tempo de librar algunha batalla no patio


2 comentarios:

  1. QUE GUAPOS Y GUAPAS TODOS! FUERON CON TANTA ILUSIÓN (A PESAR DEL MAL TIEMPO!). SÉ QUE LO PASARON GENIAL (UN CABALLERO ME LO CONTO). Y NO PODÍA FALTAR LA MERENDOLA, QUE FIESTEROS!
    APROVECHO PARA DARTE LAS GRACIAS, ANA, POR EL GRAN ESFUERZO QUE SUPUSO PARA TI ESTAR CON ELLOS ESE DÍA. NO SÉ SI LOS PEQUES TE LO HAN AGRADECIDO PERO NO DUDES QUE LAS MAMÁS (Y PAPÁS) SÍ LO HICIMOS.

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias Karina, pero si no llego a ir creo que me da un patatús (jeje) me hacía muchísima ilusión estar con ellos ese día porque es una fiesta muy especial.

    ResponderEliminar