lunes, 17 de marzo de 2014

¡ PREMIO !

O venres pola tarde recibimos unha grata noticia na Sementeira. A nosa compañeira ANABEL resultou ser a gañadora do concurso de debuxos sobre personaxes de contos organizado polo Equipo da Biblioteca do cole.
O seu debuxo sobre a Ratiña Presumida gustoulle moito ao xurado e recibiu de regalo un libro dos Bolechas
 Tamén houbo premio para o resto de concursantes; unha pegatina de SIRIA, a mascota da biblioteca.
Esta é SIRIA, a nosa mascota

2 comentarios:

  1. ¡Parabéns Anabel por ese fantástico premio! E Parabéns tamén para Daniela e Pablo por participar. Encántame ver que os nenos e nenas de infantil participan nos concursos coa súa ilusión e o feito de participar xa é estupendo. De feito, da gusto ver o orgullosos que están todos cos seus debuxos e se esta vez non caeu un premio, seguro que na seguinte ocasión virá. ¡Non deixedes de participar, sementeiros/as, porque o facedes moi ben!

    ResponderEliminar
  2. Grazas profe Teté!
    a verdade é que este ano estamos tendo moita sorte nos concursos; primeiro Paula gañou coa sua pmbiña Maripaz e agora Anabel. Estamos en racha!!!!

    ResponderEliminar