miércoles, 23 de abril de 2014

De volta no cole

Hoxe foi un día especial no cole porque despois das vacacións de Semana Santa tocaba voltar de novo ás aulas. Foron moi pouquiños os peques que se animaron a vir  e, para organizarnos mellor, cambiamos un pouco as rutinas de todos os días.
Xogamos tod@s xunt@s en psicomotricidade e fixemos unha merenda con sorpresa incluída pois a profe María quixo compartir con tod@s un coelliño de chocolate que estaba ben rico. Grazas profe María!
Despois do recreo estivemos na aula de 4 anos facendo manualidades: unhas bolboretas cheas de cores primaverais. Mirade o ben que o pasamos enredando con pinceis, pinturas e pegatinas
Pola tarde estivemos dando os últimos retoques ás nosas bolboretas para poder levalas para casa
Tamén tivemos tempo de xogar cos títeres
Foi un día diferente pero moi ben aproveitado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario