martes, 15 de abril de 2014

Preparando Portadas

Os últimos días de cole antes das vacacións estivemos preparando as portadas do noso libro de fichas: unhas macetas con flores que coloreamos e ás que pegamos papeis de cores
Tamén decoramos as bolsas onde levamos os traballos do trimestre
O primeiro que fixemos foi (despois de poñer o noso nome na bolsa) estampar esponxas con forma de flor
Mentres tanto o resto de compañeir@s estivo nas mesas coloreando unha casa de paxaros para pegar tamén na bolsa
unha vez secas as flores tocaba debuxarlle caras
 O resultado final quedou ben gracioso
Xa tedes as bolsas nas casas (o último día esquecimos sacar fotos); 
Marchamos tod@s moi contentos cos nosos traballos

No hay comentarios:

Publicar un comentario